A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia do organismo e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto da entidade pública, e para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e de publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, procede a dar publicidade á actuación que a continuación se relaciona en previsión do seu cofinanciamento pola Unión Europea:
1. Entidade encomendante:
Organismo: Augas de Galicia.
Actuación: servizo.
Tipo de tramitación: encomenda de xestión á empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A. como medio propio instrumental e servizo técnico do poder adxudicador.
2. Obxecto do contrato.
Título: prórroga do servizo para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa. Zonas Norte, Centro e Sur.
Clave do expediente: OH.988.336.SV.
Descrición: o obxectivo xeral deste servizo é dispoñer dun servizo de apoio para a identificación de puntos de verteduras para os efectos da elaboración dun mapa dinámico de verteduras en Galicia-Costa, así como garantir a coordinación e xestión axeitada da información das alertas producidas por verteduras ao dominio público, que permita a visita ás zonas afectadas con inmediatez e a execución das medidas e actuacións necesarias para a reparación ou, de ser o caso, eliminación das causas que orixinaron as verteduras detectadas.
Orzamento: importe neto: 441.533,38 euros. Importe total: 534.255,39 euros.
Data da formalización da encomenda de xestión: 5 de agosto de 2013.
3. Cofinanciamento da Unión Europea.
A actuación referida cofinánciase pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvmento Rexional (Feder) nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 46: tratamento da auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control das verteduras e da contaminación das masas de auga. Unha maneira de facer Europa.
Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2013
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Francisco Menéndez Iglesias
Director de Augas de Galicia