Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36021

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de agosto de 2013 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión de postos de persoal directivo na Xestión Integrada de Vigo.

Por Orde do 5 de xuño de 2013 (DOG nº 121, do 27 de xuño) convocouse a provisión, polo sistema de libre designación, de postos directivos na estrutura de Xestión Integrada de Vigo.

De conformidade co establecido no artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en exercicio das competencias que ten atribuídas esta consellería,

DISPOÑO:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública efectuada pola Orde desta consellería do 5 de xuño de 2013 (DOG nº 121, do 27 de xuño) para os efectos previstos no número 2 do artigo 59 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde.

Segundo. Seleccionar e nomear, para o desempeño dos postos que se indican, as persoas que figuran no anexo I desta orde.

Terceiro. Seleccionar, para o desempeño do posto que se indica, a persoa que figura no anexo II desta orde, para os efectos de que se proceda á súa vinculación mediante contrato laboral de alta dirección.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2013

Rocío Mosquera Álvarez
Conselleira de Sanidade

ANEXO I

Posto: subdirector/a de Sistemas de Información.

Nome e apelidos: Rodrigo Varela Gestoso.

Posto: director/a de Procesos Asistenciais.

Nome e apelidos: María del Mar Vélez Regueiro.

Posto: director/a de Procesos con Ingreso.

Nome e apelidos: Daniel Francisco Portela Orjales.

Posto: director/a de Procesos sen Ingreso e Urxencias.

Nome e apelidos: Francisco Javier Caramés Casal.

Posto: director/a de Procesos de Soporte.

Nome e apelidos: Ana María Saracho Portela.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Ubaldo Álvarez Torre.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Esther Casal Rodríguez.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: Juan Manuel Lázaro Anguis.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área Médica.

Nome e apelidos: José Benito Rodríguez Fernández.

Posto: director/a de Procesos de Enfermaría.

Nome e apelidos: Pilar Reza Castiñeiras.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Montserrat Burgos Hernández.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: Begoña Domínguez Arias.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: Yolanda Rúa Álvarez.

Posto: subdirector/a de Procesos Asistenciais da Área de Enfermaría.

Nome e apelidos: María Belén Vázquez Pacheco.

Posto: director/a de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: María del Pilar Ribeiro Martínez.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Ernesto Tapia García.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Económicos.

Nome e apelidos: Félix Leopoldo Pérez Fernández.

Posto: subdirector/a da Área de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: María Dolores Cobas Brey.

ANEXO II

Posto: director/a de Recursos Humanos.

Nome e apelidos: José María Solís Camino.