Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Venres, 13 de setembro de 2013 Páx. 36024

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de agosto de 2013, do xerente de Xestión Integrada da Coruña, polo que se convoca para a súa cobertura, polo procedemento de provisión de libre designación, unha praza de xefe do Servizo de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

O xerente de Xestión Integrada da Coruña, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 311/2009, do 28 de maio (DOG nº 109, do 5 de xuño), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, resolve anunciar a convocatoria para a súa cobertura polo procedemento de provisión de libre designación, dunha praza de xefe do Servizo de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación.

As bases íntegras da convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios de Xestión Integrada da Coruña así como na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días naturais, contados a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. As solicitudes, que deberán dirixirse á Xerencia de Xestión Integrada da Coruña, poderán presentarse no rexistro de Xestión Integrada da Coruña, así como a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 19 de agosto de 2013

Francisco José Vilanova Fraga
Xerente de Xestión Integrada da Coruña

ANEXO

Denominación do posto: xefe do Servizo de Infraestruturas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación da Xerencia de Xestión Integrada da Coruña.

Grupo de clasificación: A.

Nº de vacantes: 1.