A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece, no seu artigo 8.6, que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai realizar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitado pola entidade Academia A Mariña, de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Academia A Mariña.
3. Data:
Os días 5, 19 e 26 de outubro de 2013.
4. Lugar de realización:
Academia A Mariña
Avda. Arcadio Pardiñas, nº 44
27880 Burela
Lugo
5. Número de prazas:
Máximo 30 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción da solicitude de inscrición.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo modelo anexo I.
9. Programa:
|
Día 5.10.2013 |
|
|
9.00-11.30 h |
Biocidas. Descrición e xeneralidades. |
|
11.30-14.00 h |
Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas. |
|
15.00-18.00 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria e os métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación dos biocidas. |
|
Día 19.10.2013 |
|
|
9.00-11.30 h |
Praguicidas e ambiente. Problemas que presentan. Destrución de envases. |
|
11.30-14.00 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación. |
|
15.00-18.00 h |
Prácticas sobre o terreo en campo de árbores froiteiras. Técnicas de aplicación de biocidas. Preparación de disolucións. |
|
Día 26.10.2013 |
|
|
9.00-11.00 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas. |
|
11.00-14.00 h |
Prácticas: Primeiros auxilios ante a intoxicación por biocidas. Interpretación de pictogramas e etiquetas. Repaso xeral. Realización do exame. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 4 de setembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
FICHA DE SOLICITUDE DE INSCRICIÓN
CURSO PARA A CAPACITACIÓN DE APLICADORES/MANIPULADORES
DE PRODUTOS BIOCIDAS. NIVEL BÁSICO
Entidade organizadora: Academia A Mariña.
Datas: os días 5, 19 e 26 de outubro de 2013.
Lugar de realización do curso:
Academia A Mariña
Avda. Arcadio Pardiñas, nº 44
27880 Burela (Lugo)
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de exame.
Horario: de 9.00-14.00 h e de 15.00-18.00 h, agás o día 26 de outubro, que será en horario de 9.00-14.00 h.
Nº de prazas: máximo 30 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición a Academia A Mariña, Avda. Arcadio Pardiñas, 44, entresollado, 27880 Burela (Lugo) a atención de Ramón Hermida Pumares.
Tel.: 982 58 50 98, fax: 982 57 51 01, correo: formacion@amarina.org, acompañada de:
• Fotocopia do DNI, copia da folla de inscrición e xustificante de ingreso de 273 €/alumno na conta Academia A Mariña de NovaGalicia Banco co número 2080 0109 17 3040018023.
Criterio de selección:
Por rigorosa orde de recepción da solicitude xunto co xustificante de pagamento.
NOME E APELIDOS
DATA DE NACEMENTO
NIF/DNI
ENDEREZO
CP LOCALIDADE
TEL CORREO ELECTRÓNICO

