En virtude da Orde do 9 de agosto de 2013 aprobáronse os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior (Diario Oficial de Galicia núm. 155, do 14 de agosto).
Por Resolución do 23 de agosto de 2013, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria estimou parcialmente o recurso potestativo de reposición interposto polo CPR Plurilingüe Lar de Mos (Pontevedra) contra a devandita orde de aprobación dos concertos educativos para o curso 2013/14 e seguintes.
Así mesmo, no anexo I da orde, no relativo ao concerto de ciclos formativos de graos medio e superior, existen diversos erros materiais que afectan o concello, a denominación dos centros e a denominación das ensinanzas, polo que cómpre realizar a correspondente corrección.
En consecuencia, de conformidade coa Orde da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria do 14 de febreiro de 2013 (DOG núm. 62, do 1 de abril) pola que se establecen as normas para a aplicación, a partir do curso académico 2013/14, do réxime de concertos educativos previstos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, na Lei orgánica 8/1985, do 3 de xullo, reguladora do dereito á educación, e no Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos, e en aplicación do artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,
DISPOÑO:
Primeiro. Modificar o anexo I da Orde do 9 de agosto de 2013 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación infantil, educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de cualificación profesional inicial e ciclos formativos de graos medio e superior, no relativo ao concerto do CPR Plurilingüe Lar de Mos (Pontevedra) segundo se detalla no anexo I desta orde.
Segundo. Corrixir os erros advertidos no anexo I da Orde do 9 de agosto de 2013, efecto para o que se publica de novo o concerto de ciclos formativos de graos medio e superior dos centros educativos que se detallan no anexo II desta orde.
Contra esta orde de modificación, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, conforme os artigos 8, 10 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO I
Código |
Centro |
Concello |
E. infantil |
E. primaria |
1º e 2º ESO |
3º e 4º ESO |
Educación especial |
|||||||
2º ciclo |
Ord. |
Horas orient. |
Ord. |
Horas orient. |
Psíquicos |
Aut. |
Pluri. |
|||||||
Ord. |
Pad. |
Ord. |
Pad. |
Ord. |
Pad. |
|||||||||
Provincia: Pontevedra |
||||||||||||||
36005427 |
CPR Plurilingüe Lar |
Mos |
6 |
0 |
9 |
0 |
3 |
12 |
4 |
13 |
2 |
0 |
0 |
0 |
ANEXO II
Ciclos formativos de grao medio.
Código |
Centro |
Concello |
Unidades concertadas |
Denominación |
Provincia: A Coruña |
||||
15021974 |
EFAG Fonteboa |
Coristanco |
1 |
1º C. de Produción Agropecuaria |
15021974 |
1 |
2º C. de Produción Agropecuaria |
||
Provincia: Pontevedra |
||||
36011609 |
CPR Colegio Hogar Novacaixagalicia |
Vigo |
1 |
1º C. de Preimpresión Dixital |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Preimpresión Dixital |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Equipos Electrónicos de Consumo |
36011609 |
|
|
1 |
1º C. de Instalacións de Telecomunicación |
36011609 |
|
|
2 |
1º C. de Mecanizado |
36011609 |
|
|
2 |
2º C. de Mecanizado |
36011609 |
|
|
1 |
1º C. de Instalacións Eléctricas e Automáticas |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Instalacións Eléctricas e Automáticas |
36011609 |
|
|
1 |
1º C. de Soldadura e Caldeiraría |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Soldadura e Caldeiraría |
36011609 |
|
|
1 |
Impresión en Artes Gráficas |
Ciclos formativos de grao superior.
Código |
Centro |
Concello |
Unidades concertadas |
Denominación |
Provincia: Pontevedra |
||||
36011191 |
CPR Plurilingüe Montecastelo |
Vigo |
1 |
2º C. de Mantemento Electrónico |
36011191 |
1 |
1º C. de Automatización e Robótica Industrial |
||
36011609 |
CPR Colegio Hogar Novacaixagalicia |
Vigo |
1 |
1º C. de Automatización e Robótica Industrial |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Automatización e Robótica Industrial |
36011609 |
|
|
1 |
1º C. de Programación da Produción en Fabricación Mecánica |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Programación da Produción en Fabricación Mecánica |
36011609 |
|
|
1 |
1º C. de Mantemento Electrónico |
36011609 |
|
|
1 |
2º C. de Mantemento Electrónico |