Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Martes, 17 de setembro de 2013 Páx. 36599

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

RESOLUCIÓN do 9 de setembro de 2013 pola que se anuncia a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o ano 2013.

A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) é unha entidade de dereito público con personalidade xurídica propia, patrimonio propio e autonomía na súa xestión, que ten por obxecto o impulso e a consolidación do tecido empresarial no sector cultural galego, segundo o previsto nos artigos 3, 4 e 5 da Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais. A Axencia Galega das Industrias Culturais é o organismo en que a Xunta de Galicia, coa participación necesaria dos sectores culturais implicados, centraliza os programas de apoio destinados a reforzar o papel dos creadores individuais, das empresas e industrias culturais privadas, dentro do obxectivo xenérico de promoción e fomento da cultura galega impulsado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. A Axencia substitúe o Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM), creado pola Lei 4/1989, do 21 de abril, modificada posteriormente pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro. O obxectivo da Axencia é consolidar o tecido industrial no sector cultural galego para promover un tecido empresarial capitalizado, competitivo e innovador, fomentar a creación e potenciar a comercialización de bens e servizos culturais de calidade, favorecendo a difusión da lingua e da cultura galegas como elementos singularizadores. A Axencia pretende fomentar a demanda de produtos culturais na sociedade galega e, pola súa vez, aumentar a exportación. Os destinatarios da axencia son as empresas culturais privadas dedicadas principalmente á produción, distribución ou comercialización de produtos culturais incorporados en calquera clase de soporte, así como de espectáculos ao vivo.

Con esta convocatoria de axudas, a Axencia Galega das Industrias Culturais quere fixar un novo marco de actuación baseado en tres premisas substanciais:

1. O incremento de público.

2. A consolidación de industrias culturais competitivas que xere un retorno.

3. A busca da excelencia nos produtos culturais galegos.

Por todo isto, en consonancia cos seus obxectivos inmediatos, apróbase a convocatoria pública de subvencións ás industrias culturais para o exercicio 2013, de acordo coas seguintes bases:

Capítulo I
Ámbito e réxime das subvencións

Primeira. Obxecto, finalidade, principios de xestión e ámbito de aplicación

1. Esta resolución, no desenvolvemento das funcións e dos obxectivos encomendados e previstos na Lei 4/2008, do 23 de maio, de creación da Axencia Galega das Industrias Culturais, ten por obxecto fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para contribuír á promoción das industrias culturais, dentro do marco das competencias deste organismo, e proceder á súa convocatoria para este ano 2013.

2. As axudas deberán cumprir as condicións de exención e os límites do artigo 2, números 2 ao 5 do Regulamento (CE) nº 1998/2006. A contía total das axudas de minimis concedidas a unha empresa non poderá exceder dos 200.000 euros nun período de tres exercicios fiscais. Este limiar aplicarase independentemente da forma da axuda ou do obxectivo perseguido. As axudas de minimis non se acumularán con ninguna axuda estatal correspondente aos mesmos gastos subvencionables se esta acumulación dá lugar a unha intensidade de axuda superior á establecida para as circunstancias concretas de cada caso pola normativa comunitaria.

O período determinarase tomando como referencia os dous exercicios fiscais anteriores e o exercicio fiscal en curso, de acordo co establecido no artigo 2 do citado regulamento.

No desenvolvemento desta resolución aplicarase o disposto nas seguintes leis e disposicións:

a) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

b) Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

c) Lei 11/2011, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2012.

d) Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas da Administración pública galega.

E supletoriamente:

e) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, que regula os requisitos de concesión e xustificación de subvencións concedidas na Administración do Estado. Nesta lei recóllense artigos de carácter básico, que son de aplicación á normativa desta comunidade autónoma e, consecuentemente, a esta resolución de convocatoria.

f) Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

g) Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

3. A xestión deste programa realizarase de acordo cos seguintes principios:

a) Publicidade, concorrencia, obxectividade, transparencia, igualdade e non discriminación.

b) Eficacia no cumprimento dos obxectivos fixados pola Administración outorgante.

c) Eficiencia na asignación de efectivos e na utilización de recursos públicos.

Segunda. Beneficiarios

1. Dentro dos límites orzamentarios e de acordo coas condicións e cos criterios que se establecen nestas bases, poderán acceder a estas axudas as persoas físicas e xurídicas, así como as sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, así como as unións temporais de empresas, que cumpran os requisitos específicos que se sinalan nesta resolución para cada modalidade de subvención, así como os requisitos referidos no artigo 10 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas ou entidades en que concorra algunha das prohibicións establecidas nos termos previstos no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. En todo caso, os solicitantes declararán non estar incursos en tales circunstancias, consonte o establecido no anexo II desta convocatoria.

3. Non poderán ser beneficiarias destas axudas as empresas en crise, conforme a definición prevista no artigo 1, número 7 do Regulamento (CE) nº 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, en relación ás pemes e conforme o disposto no número 2.1 das directrices comunitarias sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas en crise (2004/C 244/02) en relación ás grandes empresas.

Capítulo II
Modalidades de axuda: normas xerais

Terceira. Réxime regulador, modalidades de axuda, imputación de créditos e contía de cada modalidade

1. O procedemento de concesión destas axudas tramitarase a través do réxime de concorrencia competitiva, de acordo cos criterios de valoración fixados nesta convocatoria para cada tipo ou modalidade de axuda, coas excepcións establecidas no capítulo respectivo da modalidade C, relativas ao procedemento recollido no artigo 19.2 da Lei de subvencións de Galicia.

2. As subvencións convocadas imputaranse con cargo ao crédito que se sinala e a súa concesión estará suxeita á existencia de crédito adecuado e suficiente. O seu pagamento financiarase con cargo aos créditos das aplicacións orzamentarias que se determinen logo da aprobación dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o exercicio correspondente.

3. As modalidades de subvención que comprende esta convocatoria son as que seguen:

A. Subvencións á actividade escénica.

a.1. Subvencións a empresas de nova creación.

a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato.

a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato.

a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato.

a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.

B. Subvencións a salas de teatro e artes escénicas de titularidade privada.

C. Subvencións á distribución.

c.1. Subvencións á distribución exterior.

c.2. Subvencións para a asistencia a feiras e outras plataformas de distribución.

c.3. Subvencións á distribución interior.

4. O importe global máximo das subvencións anteriormente detalladas será de 1.010.000 euros (un millón dez mil euros), suma que irá con cargo ás aplicacións orzamentarias 09.A1.432B.770.0 (no suposto da modalidade A) e 09.A1.432B.470.0 (no suposto das modalidades B e C) do exercicio de gastos da Agadic. Estas contías constitúen o importe global das aplicacións para o financiamento desta convocatoria de subvencións públicas.

5. O importe global máximo previsto no punto anterior distribuirase entre as referidas modalidades de subvención, ás cales se lles asignarán as seguintes contías máximas:

A. Para as subvencións á actividade escénica, 510.000 euros.

B. Para as subvencións a salas de teatro e artes escénicas privadas, 70.000 euros.

C. Para as subvencións á distribución, 350.000 euros.

6. Así, a distribución orzamentaria prevista será a seguinte:

Modalidade

Aplicación

2013

2014

A. Á actividade escénica

09.A1.432B.770.0

100.000

410.000

B. A salas de teatro e artes escénicas privadas

09.A1.432B.470.0

70.000

C. Á distribución

09.A1.432B.470.0

350.000

7. Os importes previstos poderán ser incrementados ao longo do exercicio, nos supostos establecidos no artigo 31.2 da Lei de subvencións de Galicia, e tras a declaración previa de dispoñibilidade de crédito, logo da modificación orzamentaria que proceda. Se é o caso, a ampliación de crédito deberase publicar nos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio de novo cómputo de prazo para resolver. A alteración da distribución establecida nesta convocatoria non precisará de nova convocatoria, pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Capítulo III
Procedemento: solicitudes, valoración e xustificación

Cuarta. Inicio do procedemento: solicitudes e presentación das instancias

1. As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede da Xunta de Galicia.

Alternativamente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel por calquera dos medios establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedementos administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

En caso de enviarse por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario para garantir que a data de remisión é anterior á do peche da convocatoria.

Ás solicitudes dos interesados xuntaranse os documentos e as informacións previstos no parágrafo seguinte, salvo que a documentación exixida xa estivese en poder da Agadic; neste caso, o solicitante poderase acoller ao establecido na letra f) do artigo 35 da Lei 30/1992, e quedará eximido da súa presentación, sempre e cando así o faga constar e especifique a data e o órgano ou a procedencia en que foron presentados ou emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan; todo isto de conformidade co estipulado no artigo 20.3 da Lei de subvencións de Galicia.

2. Estas bases, así como as solicitudes e os anexos que se xuntan, estarán dispoñibles nas dependencias desta axencia e na súa páxina web e tamén quedarán expostas no taboleiro de anuncios da Agadic e debidamente publicadas no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Quinta. Prazos para a instrución e tramitación das solicitudes

1. O prazo para a presentación das solicitudes -sen prexuízo das especificidades propias previstas para a modalidade C- será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

2. Se a solicitude non estiver debidamente cuberta, non se achegar a documentación exixida ou non se reuniren os requisitos sinalados na normativa da convocatoria ou os que, con carácter xeral, se indican no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a persoa interesada será requirida para que no prazo de 10 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da notificación do requirimento, emende o defecto advertido, a falta detectada ou presente os documentos preceptivos, indicando ademais que, de non o facer, se considerará que desiste na súa petición, logo de resolución que declarará esta circunstancia e que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita lei, segundo o previsto no artigo 71.

Sexta. Documentación xeral requirida aos solicitantes

1. Ademais da solicitude, as persoas interesadas subvencións presentarán, con carácter xeral, a seguinte documentación, mediante orixinal ou fotocopia compulsada ou debidamente autenticada:

1º DNI ou NIE do solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta no sistema de verificación de datos de identidade.

2º Certificado de estar dado de alta no imposto de actividades económicas, na epígrafe/subepígrafe que corresponda, no exercicio actual.

3º Se o solicitante é unha persoa xurídica, orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada do CIF ou documento equivalente; orixinal ou fotocopia compulsada ou cotexada dos estatutos rexistrados e escrituras de constitución inscritos no Rexistro Mercantil ou o que corresponda e documentación que acredite de forma suficiente a representación e identidade de quen asina a solicitude, xunto co certificado do acordo de solicitude da axuda ou da autorización da persoa que a asine en nome da entidade.

No suposto de se tratar de sociedades civís e comunidades de bens -ou calquera outra agrupación de persoas sen personalidade xurídica propia-, deberán nomear un representante ou apoderado legal único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiaria, lle corresponden á agrupación (deberán facer constar tal circunstancia tanto na solicitude como na aceptación da concesión da axuda e, deberán, igualmente, facer constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se lle aplicará a cada un).

Así mesmo, deberáselle exixir a este tipo de agrupacións sen personalidade xurídica propia o compromiso da súa non disolución durante todo o tempo que dure a actividade subvencionada, consonte o artigo 8 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4º Declaración comprensiva de todas as solicitudes efectuadas ou concedidas para a mesma finalidade das administracións públicas competentes ou doutros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis ou, de ser o caso, declaración de que non solicitou ou percibiu outros ingresos ou subvencións (anexo II).

5º Declaración de non ter a consideración de empresa en crise conforme o disposto no artigo 1, letra h), do Regulamento (CE) nº 1998/2006, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado ás axudas de minimis (anexo II).

6º Documentación específica para cada tipo ou modalidade de axuda a que se presenten as persoas interesadas e que se recollen nos capítulos seguintes desta convocatoria.

A documentación poderá ser entregada en soporte papel, CD ou en memoria USB. En calquera dos soportes que se presente deberán figurar os mesmos ficheiros e con igual contido. Todos os ficheiros deberán incorporar un índice do seu contido. Os formatos dos ficheiros poderán seren PDF ou Excel. Se se inclúen ficheiros con fotografías ou debuxos, serán en formato JPG.

A documentación complementaria poderase presentar electronicamente utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada, segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 22.3 do Decreto 198/2010, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dependentes dela.

2. A presentación da solicitude de concesión de subvención por parte do interesado comportará a autorización automática á Agadic para que esta poida solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de economía e facenda da Xunta de Galicia. Porén, o solicitante poderá denegar expresamente tal consentimento mediante escrito presentado ante o órgano xestor e deberá presentar neste caso os certificados indicados nos termos previstos regulamentariamente.

3. O/A solicitante dará o seu consentimento expreso para a comprobación telemática do DNI ante o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización dos medios electrónicos. No caso de que o solicitante non queira autorizar a Agadic para obter os datos do seu DNI, terá que achegar a copia deste xunto co resto da documentación.

Sétima. Procedemento de concesión das subvencións: instrución e competencia para a avaliación das solicitudes

1. A Dirección da Agadic, directamente ou a través dos seus servizos administrativos, actuará como órgano instrutor do procedemento, nos termos previstos no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e correspóndelle realizar de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe pronunciar a resolución. En particular, terá atribuídas especificamente as seguintes funcións:

1. Examinar as solicitudes e documentación presentadas.

2. Requirir das persoas solicitantes a emenda ou achega da documentación que resultar de obrigado cumprimento.

3. Formular a proposta de resolución, debidamente motivada.

2. Co fin de facilitar unha mellor avaliación das solicitudes, poderáselles pedir información complementaria aos interesados, así como a outros servizos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, ou aos profesionais ou expertos consultados. En todo caso, a Dirección da Agadic poderá requirir os solicitantes para que proporcionen calquera información aclaratoria que resulte necesaria para a xestión da súa solicitude.

Sen prexuízo das facultades que teñan atribuídas outros órganos da Administración do Estado ou da Comunidade Autónoma, a Dirección da Agadic e as unidades administrativas encargadas da tramitación e do seguimento do expediente respectivo poderán comprobar en todo momento a aplicación das subvencións concedidas para os fins programados e levarán a cabo as funcións de control, así como de avaliación e seguimento dos labores e demais actuacións que deriven destas bases. Para estes efectos, os beneficiarios deberán cumprir coas obrigas de comprobación que se establezan nesta resolución e na de adxudicación da subvención. Para realizar estas funcións poderanse utilizar cantos medios estean á disposición da Dirección da Agadic para comprobar o cumprimento dos requisitos exixidos nesta resolución e na restante normativa vixente que resulte de aplicación.

3. Para a concesión das subvencións nas súas distintas modalidades e variedades serán tidos en consideración os criterios e as puntuacións que se relacionan e prevén nos capítulos V e seguintes desta resolución, para cada tipo ou modalidade de subvención.

4. As comisións de valoración a que se refire a cláusula seguinte examinarán os proxectos, tendo en conta os criterios de valoración que en cada modalidade se especifican nos citados capítulos desta normativa. Así mesmo, elaborarán un informe preceptivo, relacionando os proxectos examinados por orde de prelación.

5. Unha vez entregado o informe preceptivo por parte da Comisión de Valoración, a Dirección da Agadic elaborará a proposta de resolución e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas.

6. Malia o disposto, e para o suposto da modalidade C, tramitarase mediante un procedemento abreviado en que o informe e a proposta de resolución serán efectuados nun único acto pola Dirección da Axencia, elevándoos á Presidencia da Agadic para a súa aprobación posterior, consonte o procedemento previsto nos artigos 19.2 e 22 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. As solicitudes de subvencións nestas modalidades examinaranse e serán outorgadas, sempre que cumpran os requisitos exixidos nesta convocatoria, por orde cronolóxica, tendo en conta a data de entrada no Rexistro da Agadic.

No suposto da modalidade C, ao se tratar dunha convocatoria aberta que dispón do crédito vixente en actos sucesivos de adxudicación, a Agadic publicará no DOG o esgotamento da partida orzamentaria asignada, así como a inadmisión de ulteriores solicitudes destinadas a participar dos subtipos de subvención indicados. Desde o momento en que se esgote o crédito orzamentario non serán outorgadas novas subvencións a estas modalidades, sen prexuízo do cumprimento do disposto no artigo 31.4 da Lei de subvencións de Galicia.

Oitava. Comisións de valoración

1. Para a avaliación das solicitudes presentadas constituirase unha comisión de valoración (ou comisión avaliadora), da cal non poderán formar parte aquelas persoas que estean directa ou indirectamente relacionadas cos expedientes obxecto de valoración. Tanto esta comisión como o órgano instrutor especificado na base anterior poderán solicitar dos interesados cantos datos e acreditacións xulguen necesarios para unha máis correcta baremación dos proxectos.

2. Existirá unha comisión de valoración para as modalidades A e B.

A comisión estará integrada polo director da Agadic -ou persoa en que este delegue-como presidente da comisión, por un membro do cadro de persoal da Agadic (que exercerá as funcións de secretario da comisión, con voz e sen voto) e polos seguintes vogais:

1. Tres expertos externos, nomeados pola Dirección da Agadic de entre persoas de recoñecido prestixio no mundo das artes escénicas en Galicia, por proposta das entidades máis representativas do sector.

2. Dous técnicos integrantes do cadro de persoal da Agadic, dos grupos I e/ou II.

3. A condición de vogal da comisión ten carácter persoal e este non pode actuar por delegación nin ser substituído en ningún caso.

4. A Comisión de Valoración avaliará as solicitudes consonte os criterios de valoración establecidos nestas bases para cada tipo e modalidade de subvención nas cláusulas que se detallan a seguir, emitirá un informe relacionando os proxectos examinados por orde de prelación e indicará a puntuación asignada a cada un deles.

Novena. Resolución da convocatoria

1. Unha vez cumprido o disposto nas cláusulas anteriores, o órgano instrutor, á vista do expediente, da documentación requirida e do informe da comisión avaliadora, ditará a proposta de resolución correspondente e indicará o número de solicitudes subvencionadas e o importe económico da subvención correspondente a cada unha delas, que elevará á Presidencia da Agadic.

2. A Presidencia da Agadic, por delegación do Consello Reitor (disposición adicional do Acordo do 24 de xullo de 2012, DOG nº 164), deberá ditar resolución expresa, no prazo de 15 días desde a data de elevación da proposta de resolución. A citada resolución deberase ditar e notificar no prazo máximo de tres meses, contados desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria pública, será motivada e fará mención expresa dos beneficiarios, da contía da axuda e dunha desestimación xeneralizada do resto dos proxectos solicitantes.

3. A súa notificación ás persoas adxudicatarias da subvención cursarase no prazo dos 10 días hábiles seguintes ao da súa adopción. Unha vez transcorrido o prazo máximo previsto para resolver o procedemento sen que se ditase ou publicase resolución expresa, poderase entender que esta é desestimatoria por silencio administrativo á solicitude de concesión da subvención. Deberá comunicarse por escrito ao beneficiario o importe da axuda (en equivalente bruto de subvención) e o seu carácter de axuda de minimis exenta en aplicación do Regulamento (CE) nº 1998/2006, da Comisión, do 15 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 87 e 88 do Tratado CE ás axudas de minimis (DOUE L 379/5, do 28 de decembro).

4. A resolución da convocatoria porá fin á vía administrativa e contra ela poderanse interpor os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso potestativo de reposición ante a Presidencia do Consello Reitor da Agadic, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de tres meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación da resolución, se esta for expresa, ou de seis meses contados a partir do seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Décima. Pagamento e xustificación. Documentación requirida

1. O pagamento das axudas farase efectivo a partir da data da resolución definitiva de concesión e realizarase sempre e cando se acreditase que a actividade foi executada de acordo co programa e/ou proxecto presentados e se xustifique correctamente o seu emprego, todo isto sen prexuízo do réxime de pagamentos á conta.

2. A Agadic -consonte as previsións estipuladas no artigo 31.6 da Lei de subvencións de Galicia e 63.1 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia- poderá aboar como pagamento anticipado, que suporá entregas de fondos con carácter previo á xustificación, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, e logo da presentación de certificación do inicio dos traballos e das declaracións de axudas previstas en cada unha das modalidades, de acordo coas seguintes condicións:

– Para a modalidade A: o importe da anualidade 2013, sempre que non supere o 50 % do importe concedido.

– Para as modalidades B e C: cando o importe da subvención non supere os 18.000 euros, ata un 80 % da subvención concedida, e sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario. Cando o importe da subvención concedida supere os 18.000 euros, ademais, un 10 % adicional sobre o importe que exceda os 18.000 euros, sen que se supere a anualidade prevista en cada exercicio orzamentario.

O importe restante aboarase tras a acreditación polo beneficiario do cumprimento total das obrigas establecidas nestas bases.

3. Os beneficiarios que reciban pagamentos anticipados, cando estes excedan a cantidade de 18.000 euros, deberán constituír unha garantía, mediante seguro de caución prestado por unha entidade aseguradora ou mediante aval solidario de entidade de crédito ou sociedade de garantía recíproca, que deberá cubrir o 110 % do importe do anticipo, e deberá alcanzar como mínimo ata os dous meses seguintes á finalización do prazo de xustificación. Quedan exonerados da constitución de garantía os beneficiarios e nos casos establecidos no artigo 65.4 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

4. O prazo de xustificación da subvención percibida rematará nos períodos expresamente previstos nos capítulos seguintes para cada modalidade. Transcorrido o prazo de xustificación sen que esta se presente ante a Agadic, requirirase o beneficiario para que a presente no prazo improrrogable de dez días. A falta de xustificación neste prazo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención, a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Así mesmo, a documentación específica requirida para o aboamento de cada modalidade ou submodalidade de subvención, e que deberá presentar a persoa beneficiaria, será a recollida nos capítulos V e seguintes desta resolución.

5. Cando concorran varias subvencións solicitadas e concedidas ao mesmo beneficiario e polo mesmo órgano concedente, só será necesario que presente unha soa vez a documentación que resulte coincidente, tanto na fase de solicitude (prevista nas cláusulas cuarta a sexta destas bases) como na de xustificación do pagamento. O beneficiario deberá poñelo de manifesto en cada un dos expedientes.

6. Non se poderá realizar en ningún caso o pagamento da subvención outorgada en canto o beneficiario non figure ao día do cumprimento das súas obrigas tributarias estatais, autonómicas e da Seguridade Social, sexa debedor en virtude de resolución declarativa da procedencia de reintegro ou teña algunha outra débeda pendente, por calquera concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma galega; está autorizada a Agadic (consonte o previsto na cláusula 6ª, parágrafo 3, desta resolución) para proceder á comprobación e conseguinte verificación destes datos.

7. Será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a entrega dunha declaración complementaria do establecido na base sexta, 2.4ª, do conxunto das axudas solicitadas, tanto das aprobadas ou concedidas como das pendentes de resolución para o mesmo proxecto das distintas administracións públicas competentes ou outros entes públicos, así como das axudas concedidas en réxime de minimis pola entidade beneficiaria nos tres últimos anos.

8. Igualmente, será requisito necesario para o pagamento da subvención outorgada a xustificación e o debido cumprimento da totalidade das obrigas económicas e de actividades correspondentes ás subvencións que fosen concedidas pola Agadic durante o exercicio 2012.

Capítulo IV
Incompatibilidades e obrigas

Décimo primeira. Obrigas dos beneficiarios

1. Os beneficiarios destas axudas adquiren as obrigas que se reflicten nesta resolución e no resto da normativa de aplicación e, con carácter xeral, as que se relacionan a seguir:

1º Comunicarlle á Agadic a aceptación por escrito da subvención concedida no prazo máximo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da notificación da resolución de concesión. Transcorrido este prazo sen comunicarse esta aceptación ou sen producirse manifestación expresa, entenderase como tacitamente aceptada.

2º Realizar a actividade que fundamenta a concesión da subvención -de acordo co programa ou proxecto presentado- durante o tempo máximo que se estableza e, en todo caso, antes da fin do prazo límite para a súa xustificación.

3º Xustificar a subvención concedida nos termos establecidos nos puntos ulteriores para cada modalidade.

4º Someterse ás actuacións de comprobación, control e inspección que efectúe o órgano concedente e ás de control financeiro que lle corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas ou a outros órganos da Administración estatal ou da Unión Europea, aos cales se facilitará canta información lles sexa requirida para este efecto, todo isto de conformidade co disposto na Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e demais normativa regulamentaria de desenvolvemento.

5º Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, ingresos, axudas ou recursos para a mesma finalidade, procedentes de calquera das administracións públicas ou entes públicos autonómicos, nacionais ou internacionais, así como calquera outra modificación das circunstancias que no seu día foron tidas en conta para a súa concesión, e dos compromisos e obrigas asumidos polos beneficiarios. Esta comunicación deberase efectuar no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

6º Os beneficiarios terán a obriga de dar a publicidade adecuada do carácter público do financiamento dos programas, actividades, investimentos ou actuacións de calquera tipo que sexan obxecto de subvención mediante a incorporación de forma visible nos materiais que se utilicen para a súa difusión do logotipo da Agadic, coa súa adscrición á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, respectando as súas normas de identidade corporativa e inseríndoo nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

7º Dispor dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario para cada caso, así como de cantos estados contables e rexistros específicos lle sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o exercicio adecuado das facultades de comprobación e control, que poderá ser solicitado pola Agadic para a comprobación das xustificacións das axudas recibidas.

8º Conservar os documentos xustificativos de aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control previstas no número 5 deste punto e de conformidade co procedemento recollido nos artigos 23 e concordantes da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

9º Aqueloutras obrigas establecidas nos artigos 11 e concordantes da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. O incumprimento dos anteriores deberes previstos e das obrigas por parte dos adxudicatarios dará lugar á exixencia das responsabilidades ou sancións previstas no título IV da indicada Lei galega 9/2007, sen prexuízo do disposto nas cláusulas 12ª á 14ª destas bases.

Décimo segunda. Revogación e reintegro das subvencións

1. Procederá a nulidade e revogación das subvencións concedidas, así como o reintegro total ou parcial das contías percibidas e a exixencia do xuro de mora correspondente desde o momento do pagamento da subvención ata a data en que se acorde a procedencia do reintegro, nos supostos de incumprimento das obrigas anteriormente sinaladas, nos casos e termos establecidos nos artigos 32 e 33 da Lei de subvencións de Galicia e na normativa de desenvolvemento da dita disposición legal, en particular polo incumprimento de calquera dos requisitos e das obrigas estipulados nesta convocatoria pública.

2. O reintegro do importe percibido, cando proceda, rexerase polo procedemento establecido no artigo 38 e no título VI da Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Décimo terceira. Incompatibilidades e concorrencia doutras axudas

1. O importe das subvencións reguladas nesta resolución en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas ou patrocinios concedidos por outras administracións públicas ou entes públicos, autonómicos, nacionais ou internacionais, superen o 100 % do custo da actividade subvencionada que desenvolverá o beneficiario, isto sen prexuízo das particularidades e especificidades previstas para cada tipo ou modalidade de axuda, previstas nas cláusulas que seguen.

2. Non se poderán imputar os mesmos gastos aos distintos tipos de subvención previstos nestas bases. Así mesmo, os gastos subvencionados non poderán servir como xustificación a subvencións de distintas convocatorias ou que afecten varios exercicios económicos, salvo nos casos expresamente previstos nestas bases.

3. Cando os proxectos, actuacións ou actividades obxecto de subvención fosen financiados, ademais, con fondos propios ou con outras subvencións ou recursos, deberase acreditar na xustificación que se achegue o importe, a procedencia e a aplicación de tales fondos ás actividades subvencionadas.

4. Do mesmo xeito, e segundo as previsións contidas no artigo 27 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, e no artigo 43 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o regulamento da Lei de subvencións de Galicia, o beneficiario dunha subvención da Agadic unicamente poderá subcontratar total ou parcialmente a actividade subvencionada ata o 50 % do seu importe, e en ningún caso poderá subcontratar unha única persoa física ou xurídica por máis do 25 % do importe total da subvención outorgada, nin tampouco se poderán subcontratar as actividades que, aumentando o custo do proxecto subvencionado, non acheguen valor engadido ao seu contido.

Décimo cuarta. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, e en todo caso a obtención concorrente doutras subvencións, axudas ou recursos -ou doutras achegas fóra dos casos permitidos nas normas reguladoras-, poderá dar lugar á modificación da resolución inicial de concesión e, eventualmente, á súa revogación nos termos establecidos na súa normativa reguladora, podendo, en tal caso, a Agadic proceder á reclamación e ao conseguinte reintegro, total ou parcial, da suma concedida á compañía adxudicataria nos termos anteriormente estipulados.

2. Do mesmo xeito, procederá o dito reintegro total ou parcial nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, así como polo título V do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Capítulo V
Axudas á actividade escénica

1ª Finalidade da concesión: fomentar a actividade escénica, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas, por parte de compañías profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia.

2ª Modalidades de subvención á actividade escénica:

A. Subvencións á actividade escénica.

a.1. Subvencións a empresas de nova creación.

a.2. Subvencións á produción de espectáculos de pequeno formato, que son aqueles compostos por un máximo de tres actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.3. Subvencións á produción de espectáculos de mediano formato, que son aqueles compostos por entre catro e sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.4. Subvencións á produción de espectáculos de gran formato, que son aqueles compostos por máis de sete actores, actores-manipuladores, bailaríns ou músicos en escena.

a.5. Subvencións á produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.

3ª Beneficiarios. Requisitos:

Os beneficiarios destas subvencións poderán ser aquelas persoas, físicas ou xurídicas, dedicadas profesionalmente á actividade escénica, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia; quedan exceptuadas as asociacións e restantes entidades sen fins de lucro. Para os efectos desta convocatoria de axudas, terán a consideración de actividade escénica o teatro de actor, o teatro de monicreques, o circo, a danza, a maxia e a lírica. Os requisitos xerais para os tipos ou variantes de subvención son:

– Acreditación da dedicación profesional á actividade teatral, da danza ou da maxia. No caso de sociedades, ter social ou estatutariamente como obxecto social o desenvolvemento de actividades de artes escénicas.

– Estar dado de alta no imposto de actividades económicas na epígrafe ou subepígrafe correspondente, no exercicio económico 2013.

– Ter o domicilio, a sede social ou o establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

No suposto da modalidade a.1 (empresas de nova creación), ademais dos requisitos anteriores, é preciso que a antigüidade da compañía non sexa superior aos 5 anos. Para estes efectos, a constitución e antigüidade da compañía contabilizarase desde a última data da alta no IAE, na actividade de produción ou distribución de espectáculos de artes escénicas.

4ª Contía das subvencións e límites máximos:

a) Orzamento máximo:

Só se admitirán orzamentos que non superen as seguintes contías:

– Proxectos presentados por empresas de nova creación (a.1): 15.000 euros.

– Proxectos presentados para espectáculos de pequeno formato (a.2): 30.000 euros.

– Proxectos presentados para espectáculos de mediano formato (a.3): 60.000.

– Proxectos presentados para espectáculos de gran formato (a.4): 80.000 euros.

– Proxectos presentados para espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor (a.5): 30.000 euros.

A axuda nas modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5 subvencionará estritamente os gastos da fase de produción dos espectáculos, é dicir, aqueles xerados ata a data da estrea.

b) Determinación da contía no suposto de subvencións nas modalidades a.1, a.2, a.3, a.4 e a.5.

En función da puntuación obtida tras aplicar os criterios de valoración e baremación establecidos na cláusula 5ª deste capítulo, ordenaranse os solicitantes pola puntuación obtida de maior a menor, por modalidades.

A contía que obterán os proxectos subvencionados fixarase atendendo ao plan económico financeiro presentado e á puntuación obtida, cos seguintes límites:

Ata o 85 % na modalidade a.1 e ata o 70 % para a a.2, a.3, a.4 e a.5.

c) No momento de adxudicación da subvención, a entidade beneficiaria deberalle remitir á Agadic (ademais da declaración de aceptación da subvención nos termos establecidos na cláusula 11ª, punto 1.1º desta convocatoria) a ficha de produción (anexo V) e o plan económico financeiro (anexo VII), adaptados á subvención concedida. A dita documentación deberase remitir no prazo máximo dun mes, contado desde a notificación da resolución de concesión.

5ª Criterios de valoración e baremación:

A valoración das solicitudes presentadas realizarase de acordo cos seguintes criterios, separadamente para cada unha das modalidades:

C.1. Valoración da empresa: 10 puntos.

C.1.1. Porcentaxe mínima da subvención solicitada, sobre o orzamento do proxecto: 4 puntos.

– 85 %: 1 punto.

– 70 %: 2 puntos.

– 65 %: 3 puntos.

– 55 %: 4 puntos.

C.1.2. Nivel de contratación de persoal: 4 puntos (cálculo realizado sobre a media do importe das cotizacións á Seguridade Social da empresa -socios traballadores e contratados laborais- nos últimos tres anos naturais na rama de actividade de produción de espectáculos de artes escénicas).

– Máis de 2.000 euros: 1 punto.

– Máis de 5.000 euros: 2 puntos.

– Máis de 10.000 euros: 3 puntos.

– Máis de 18.000 euros: 4 puntos.

C.1.3. Premios á excelencia, premios artísticos e outros premios outorgados a espectáculos da compañía, que consten na documentación debidamente acreditados, a excepción dos referidos á autoría do texto, dirección e interpretación: 2 puntos.

– 0,5 puntos por premio presentado ata un máximo de 2 puntos.

C.2. Capacidade de produción e distribución: 25 puntos.

C.2.1. Nivel de produción: 10 puntos.

Un (1) punto por espectáculo producido, durante os últimos tres anos naturais, dun mínimo de 35 minutos de duración, con 10 ou máis representacións realizadas.

C.2.2. Nivel de distribución: 15 puntos.

Media anual de funcións distribuídas nos últimos tres anos. Terán a consideración de funcións aquelas que supoñan unha contraprestación económica e unha duración mínima de 35 minutos. Para a contabilización das funcións realizadas de cada espectáculo, aplicarase a seguinte dobre ponderación:

– Ponderación 1: funcións realizadas fóra de Galicia: 1,5; funcións realizadas nos espazos escénicos de Galicia: 1; funcións realizadas nos espazos escénicos integrantes da Rede Galega de Salas: 0,75.

– Ponderación 2: caché ata 1.500 € × 0,65; caché entre 1.501 e 2.500 euros × 1; caché entre 2.501 e 4.500 euros × 1,5; caché superior a 4.500 euros × 2.

– Entre 10 e 20 funcións: 2 puntos.

– Entre 21 e 30 funcións: 4 puntos.

– Entre 31 e 40 funcións: 6 puntos.

– Entre 41 e 50 funcións: 10 puntos.

– Entre 51 e 60 funcións: 12 puntos.

– Máis de 60 funcións: 15 puntos.

C.3. Valor da nova produción. Máximo 65 puntos.

C.3.1. Memoria do proxecto: 22 puntos: valoración dada pola comisión nunha escala do 0 ao 22, atendendo aos seguintes aspectos: memoria de dirección, interese artístico do proxecto (obxectivos, calidade, contribución á innovación…), relevancia e idoneidade do proxecto no contexto das artes escénicas, coherencia entre os contidos e os obxectivos do proxecto, actividades complementarias (accións de promoción, publicidade…) e viabilidade do proxecto.

C.3.2. Autoría do texto: 9 puntos.

– Obra orixinal (non adaptación) de autor galego vivo con obra estreada, publicada ou premiada: 9 puntos.

– Obra de outros autores galegos ou creación colectiva de autores galegos: 5 puntos.

– Dramaturxia universal: 3 puntos.

A consideración de obra orixinal estará suxeita ao rexistro dos dereitos de autor. O rexistro deberá ser efectivo con anterioridade ao cobramento da subvención.

C.3.3. Dirección artística. Máximo 12 puntos.

C.3.3.1. Fomento da dirección feminina: 2 puntos (asignación de 2 puntos no caso de que a dirección corresponda a unha muller).

C.3.3.2. Traxectoria profesional:

– 0,5 puntos por cada premio á dirección, cun máximo de 2 puntos.

– 0,5 puntos por cada montaxe profesional ata un máximo de 10 puntos.

– 1 punto pola titulación oficial de arte dramática e outras artes escénicas e musicais.

– 0,5 puntos por outras titulacións oficiais relacionadas coas artes escénicas e musicais.

Cando a dirección do espectáculo sexa compartida, terase en conta a puntuación do director ou directora con máis puntuación global.

C.3.4. Elenco artístico. Máximo 17 puntos.

– 1 punto pola titulación oficial de arte dramática e outras artes escénicas e musicais ata un máximo de 5 puntos.

– 0,5 puntos por cada premio presentado de forma individual ata un máximo de 5 puntos.

– Currículo do elenco (máximo de 12 puntos). 0,5 puntos por cada montaxe profesional de artes escénicas e musicais.

– A puntuación global calcularase mediante a suma das puntuacións parciais dos actores, dos manipuladores, dos bailaríns e dos músicos de escena, co límite máximo de 17 puntos.

Os actores/manipuladores/bailaríns/músicos e directores non poderán participar simultaneamente en máis de 3 proxectos subvencionados.

C.3.5. Investimento en promoción e publicidade. 5 puntos.

Investimento en medios de comunicación, cartelaría, páxina web específica do proxecto, folletos, vídeos e aquelas accións promocionais que fagan máis visible a nova produción.

– Ata o 6 % do orzamento do proxecto: 1 punto.

– Máis do 6 % e ata o 10 % do orzamento do proxecto: 2 puntos.

– Máis do 10 % e ata o 15 % do orzamento do proxecto: 3 puntos.

– Máis do 15 % do orzamento do proxecto: 5 puntos.

C.4. Puntuación adicional.

As compañías que presenten para a súa produción textos ou coreografías premiados pola Agadic (non estreados con anterioridade) recibirán 9 puntos adicionais.

– Obras con outros premios: ata 2 puntos adicionais.

0,5 puntos por premio presentado.

6ª Coproducións e unións temporais de empresas (UTE):

Os proxectos á actividade escénica poderán ser presentados de forma conxunta por dúas ou máis compañías, sempre que estas teñan unha antigüidade mínima dun ano. A colaboración entre as compañías poderá adoptar a fórmula de contrato privado ou de unión temporal de empresas. Nos proxectos conxuntos, a valoración de cada unha das epígrafes do baremo será a superior de entre as que acrediten as compañías. Ademais, os proxectos conxuntos recibirán 5 puntos adicionais.

Cando a solicitude sexa presentada por unha unión temporal de empresas, o requisito de domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma de Galicia considerarase cumprido cando unha das empresas integradas nela o cumpra. Neste caso, a subvención concedida poderá ser executada pola empresa con domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma ou pola propia UTE.

O cálculo dos ingresos totais da empresa realizarase, para efectos do establecido na cláusula 3 e 4.c, mediante a suma dos ingresos anuais de cada unha das compañías. Nos proxectos conxuntos, cada unha das compañías deberá executar unha porcentaxe non inferior ao 35 % do orzamento.

En calquera caso, polo menos un 70 % do importe da subvención deberá corresponder a gastos efectuados na Comunidade Autónoma.

7ª Continuidade empresarial:

Cando unha compañía estea formada pola fusión, escisión ou cambio de forma xurídica ou razón social dunha ou de varias compañías preexistentes, recoñeceráselle a traxectoria anterior destas para os efectos de baremación. No suposto de escisión, o recoñecemento serao pola parte proporcional que corresponda á parte escindida integrada na nova sociedade. No caso de que unha das partes escindidas non exerza actividade empresarial demostrada, a outra parte acumulará toda a traxectoria.

8ª Documentación específica requirida aos solicitantes destas modalidades:

– Memoria do proxecto (en tamaño A4 e sen encadernar).

– Certificación acreditativa da titularidade dos dereitos de autor. Nun primeiro momento (e durante o trámite de presentación da solicitude da subvención), poderase achegar unicamente a acreditación da súa solicitude. Non obstante, a dita titularidade deberase acreditar con anterioridade ao aboamento da subvención.

– Memoria da empresa (anexo III).

– Memoria das actividades realizadas pola compañía, xunto coa documentación acreditativa das actividades recollidas nela (anexo IV).

– Ficha de produción (anexo V).

– Historial profesional do elenco artístico da compañía (anexo VI). Só se terán en conta os méritos que xunten a debida acreditación.

– Plan económico financeiro: orzamento. Custo por función (anexo VII).

– Compromiso de contratación dos integrantes do elenco artístico, asinado tanto pola empresa como polo traballador, coa declaración expresa de non participación en máis de tres proxectos escénicos e referidos os salarios ao convenio en vigor (anexo VIII).

– Acreditación documental dos méritos que se inclúen en cada un dos anexos.

9ª Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos, e formas de pagamento:

a) Prazo límite de estrea do espectáculo:

– A estrea da produción deberase producir entre o 1 de abril de 2013 e o 31 de marzo de 2014.

b) Prazo límite de xustificación da achega:

– 30 de abril de 2014.

c) Forma de pagamento: a cantidade obxecto de subvención e adxudicada ao proxecto presentado será aboada por resolución da Dirección da Agadic, de acordo coas súas posibilidades de liquidez, de acordo co establecido na cláusula décima da convocatoria.

10ª Obrigas dos beneficiarios:

Os beneficiarios estarán obrigados a realizar, no prazo de 6 meses desde a data da estrea do espectáculo, un mínimo de 8 representacións do espectáculo subvencionado, (5 representacións se o espectáculo é de danza) con límite do 30 de abril de 2014.

As representacións deberanse acreditar dentro do prazo de xustificación, con achega do contrato asinado para tales representacións, e do certificado de actuación. O incumprimento dará lugar ao inicio do procedemento de reintegro da subvención concedida para as representacións non efectuadas.

11ª Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

– Documentación acreditativa do número de funcións realizadas (mediante certificado/s de actuación, certificación expedida pola entidade de xestión de dereitos que corresponda, contratos de actuacións ou por calquera outro medio ou documento que acredite, de forma que faga fe, a realización do número mínimo de funcións exixidas).

– Memoria de actividade (anexo XV).

– Balance dos ingresos e gastos xerados na totalidade do proxecto (anexo XVI).

– Relación completa de todos os gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe total do gasto (anexo XVII). A relación de gastos deberá excluír o IVE e outros impostos non subvencionables.

– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo II).

– Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, polo importe igual ou superior á subvención concedida e que apareza consignado na resolución de adxudicación como «Cantidade para xustificar».

Non se aceptarán aquelas facturas en cuxo concepto non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

– Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais. Con carácter excepcional, admitiranse pagamentos en metálico cando o seu importe, individual ou en conxunto por provedor, non supere os citados 400 euros. Neste caso, o pagamento xustificarase mediante a factura asinada e selada polo provedor en que figure a expresión «recibín en metálico».

– Unha copia en formato CD, DVD ou outro sistema analóxico ou dixital, dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos etc.) empregados para a difusión e promoción da produción; a dita documentación poderase achegar, do mesmo xeito, por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos de comprobar a realización da actividade.

– Cando se trate de creación teatral, copia do texto da obra que se pretende producir, polas mesmas vías e formatos anteriormente enumerados.

– Gravación do espectáculo, en calquera formato dixital.

– Ademais, deberase presentar (en relación cos dous últimos puntos) unha autorización expresa e asinada polo adxudicatario da axuda en que se faga constar que a entrega tanto da gravación do espectáculo como da copia do texto se realiza para os simples efectos de arquivamento e documentación da Agadic.

12ª Custos ou gastos subvencionados:

Custos relativos á produción conforme o plan económico financeiro aprobado, con data comprendida entre o 1 de abril de 2013 (sempre que non fosen gastos subvencionados na convocatoria de 2012) e a data da estrea, incluíndo:

– Gastos de persoal artístico (máximo 60 % do total do proxecto).

– Gastos de produción (escenografía, vestiario/figurinos, deseño de luminotecnia, música, realización do aderezos etc.). Os gastos deberán corresponder co proxecto presentado (máximo 30 % do proxecto).

– Alugamento dos locais de ensaio (máximo tres meses).

– Gastos de promoción e publicidade, de acordo co orzamento presentado (máximo 10 % do proxecto).

– Dereitos de autor.

– Gastos financeiros.

– Gastos xerais de mantemento e xestión (ata un máximo do 7 % sobre os custos totais).

– Axudas de custo, transporte e/ou outras indemnizacións, conforme as tarifas máximas establecidas no Convenio colectivo de actores e actrices de Galicia.

Non serán subvencionables os gastos relativos:

– Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

– Aos gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación.

– Aos gastos de contratación de servizos artísticos por parte das persoas titulares da empresa, cando excedan os seguintes límites: 15 % do total do proxecto, por cada persoa titular, co límite máximo do 50 %.

– A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

13ª Outras incidencias. Incompatibilidades:

Sen prexuízo da posible presentación de máis dun proxecto distinto por un mesmo solicitante, só poderá ser obxecto de subvención nesta modalidade (A. Subvencións á actividade escénica) un proxecto por persoa física ou xurídica. A persoa solicitante poderá establecer unha orde de prelación sobre os proxectos presentados, que a Comisión de Valoración terá en conta no caso de que varios proxectos se consideren subvencionables. Non poderán presentar o mesmo proxecto distintas empresas ou entidades. Non poderá presentarse un mesmo proxecto a distintas modalidades.

Capítulo VI
Subvencións a salas de teatro e artes escénicas privadas

1ª Finalidade da concesión:

Promover o desenvolvemento de programacións de artes escénicas por parte de salas e teatros de titularidade privada.

2ª Beneficiarios e requisitos:

– Salas e teatros de titularidade privada, con capacidade non superior ás 250 prazas e cunha programación estable ou o apoio á creación de espectáculos relacionados coas artes escénicas en xeral. Excluiranse deste ámbito as salas ou teatros cuxa titularidade pertenza a asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

3ª Importes e límites das subvencións:

a) Dotación máxima de 50.000 euros, co límite do 50 % dos ingresos obtidos no exercicio inmediatamente anterior. No caso de salas de nova creación (máximo 2 anos de actividade), nas cales os ingresos brutos do exercicio anterior sexan inferiores a 30.000 euros, a subvención concedida terá o importe máximo de 15.000 euros.

b) As axudas e/ou subvencións concedidas polas diferentes administracións públicas ou outras institucións, públicas ou privadas, para a mesma finalidade non poderán superar o importe total dos gastos efectivamente producidos.

c) Forma de pagamento: poderase realizar un pagamento anticipado de ata un 80 %, como máximo, do importe total da achega, logo de solicitude expresa do beneficiario e presentación de certificación do inicio das actividades.

Para o cobramento do pagamento anticipado será requisito indispensable a constitución das garantías establecidas na cláusula décima do capítulo III desta convocatoria.

4ª Criterios de valoración e baremación:

a) Os criterios xerais de valoración e baremación serán os seguintes:

A. Programación: 60 puntos.

a.1. Espectáculos programados no ano 2012: 10 puntos.

– Máis de 30: 10 puntos.

– Entre 24 e 30: 8 puntos.

– Entre 18 e 23: 6 puntos.

– Entre 12 e 17: 4 puntos.

– Entre 6 e 11: 2 puntos.

– Ata 5: 0 puntos.

a.2. Espectadores por función: 10 puntos. Media de espectadores por función na programación da Rede Galega de Salas de 2012.

– Máis de 80: 10 puntos.

– Entre 60 e 79: 8 puntos.

– Entre 40 e 59: 6 puntos.

– Entre 30 e 39: 4 puntos.

– Entre 20 e 29: 2 puntos.

– Menos de 20: 0 puntos.

a.3. Ingresos de billeteira por función: 10 puntos. Media de ingresos de billeteira por función na programación da Rede Galega de Salas de 2012.

– Máis de 200 euros: 10 puntos.

– Entre 170 e 200 euros: 8 puntos.

– Entre 140 e 169 euros: 6 puntos.

– Entre 100 e 139 euros: 4 puntos.

– Entre 70 e 99 euros: 2 puntos.

– Menos de 70 euros: 0 puntos.

a.4. Programación de compañías galegas prevista para o ano 2013: 10 puntos.

– Máis do 80 %: 10 puntos.

– Entre o 70 % e o 79 %: 8 puntos.

– Entre o 60 % e o 69 %: 6 puntos.

– Entre o 50 % e o 59 %: 4 puntos.

– Entre o 40 % e o 49 %: 2 puntos.

– Menos do 40 %: 0 puntos.

a.5. Variedade e calidade da programación para o ano 2013: 20 puntos (valoración pola Comisión nunha escala do 1 ao 20).

B. Estrutura empresarial: 40 puntos.

b.1. Cotizacións á Seguridade Social: 20 puntos. Media das cotizacións á Seguridade Social da empresa nos últimos 3 anos.

– Máis de 25.000 euros: 20 puntos.

– Entre 20.000 e 25.000 euros: 16 puntos.

– Entre 15.000 e 19.999 euros: 12 puntos.

– Entre 12.000 e 14.999 euros: 10 puntos.

– Entre 9.000 e 11.999 euros: 8 puntos.

– Entre 6.000 e 8.999 euros: 6 puntos.

– Entre 4.000 e 5.999 euros: 4 puntos.

– Entre 2.000 e 3.999 euros: 2 puntos.

– Menos de 2.000 euros: 0 puntos.

b.2. Ingresos totais en 2012: 10 puntos.

– Máis de 250.000 euros: 10 puntos.

– Entre 200.000 e 250.000 euros: 8 puntos.

– Entre 150.000 e 199.999 euros: 6 puntos.

– Entre 100.000 e 149.999 euros: 4 puntos.

– Entre 50.000 e 99.999 euros: 2 puntos.

– Menos de 50.000 euros: 0 puntos.

b.3. Investimentos realizados nos últimos 3 anos: 10 puntos.

– Máis de 50.000 euros: 10 puntos.

– Entre 30.000 e 50.000 euros: 8 puntos.

– Entre 15.000 e 29.999 euros: 6 puntos.

– Entre 7.500 e 14.999 euros: 4 puntos.

– Entre 4.000 e 7.499 euros: 2 puntos.

– Menos de 4.000 euros: 0 puntos.

5ª Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

– Memoria de actividades do último ano (anexo IX).

– Proxecto de programación para este exercicio (anexo X).

– Memoria da sala (anexo XI).

– Orzamento (anexo XII).

– Fotocopia compulsada das declaracións do imposto de sociedades, ou do imposto da renda das persoas físicas no seu defecto, e do imposto do valor engadido correspondentes aos exercicios económicos 2011, 2012 e 2013.

– Documentación acreditativa da titularidade dos dereitos de propiedade ou usufruto da sala.

6ª Prazos previstos para o cumprimento e a xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

Sen prexuízo do disposto na cláusula quinta destas bases, en relación co prazo de iniciación do expediente e a conseguinte presentación de solicitudes, os prazos que se deberán ter en consideración nesta modalidade son os que seguen:

– Prazo de xustificación: ata o día 31 de outubro de 2013, como data límite.

7ª Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

– Memoria xeral da actividade realizada.

– Balance de ingresos e gastos (anexo XVI).

– Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XVII).

– Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos realizados e imputados á subvención.

– Certificación bancaria acreditativa da realización dos pagamentos correspondentes a todos os gastos de importe unitario superior a 400 euros imputados á subvención concedida, así como de todos os gastos de persoal e colaboracións profesionais.

– Unha copia en formato CD, DVD ou outro sistema analóxico ou dixital, dos soportes visuais, gráficos ou sonoros (catálogos, programas, carteis, vídeos etc.) empregados para a difusión e promoción da actividade subvencionada; esta documentación poderase achegar igualmente por vía electrónica ou telemática e para os únicos efectos da comprobación da realización da actividade.

– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo II).

8ª Custos ou gastos subvencionables:

Custos relativos ao funcionamento e a programación da sala con data comprendida entre o 1 de novembro de 2012 e o 31 de outubro de 2013, incluíndo entre eles:

– Gastos fixos de funcionamento da sala (alugamentos, subministracións, gastos correntes e de servizos, reparacións e mantemento, gastos do persoal estable adscrito á sala...).

– Gastos propios da programación de artes escénicas (pagamentos por espectáculos, servizos asociados, gastos de publicidade e promoción, márketing etc.).

– Gastos financeiros.

Non serán subvencionables os gastos relativos:

– Ao imposto sobre o valor engadido, así como os impostos de natureza similar que sexan recuperables pola entidade.

– Aos gastos de subcontratación de servizos con empresas vinculadas ou con aquelas que non teñan como obxecto social e actividade social a prestación dos servizos obxecto da subcontratación, salvo autorización expresa da Agadic.

– Aos gastos de subcontratación da execución da actividade, cando excedan o 40 % do importe da subvención concedida, salvo autorización expresa da Agadic.

– A calquera outro non vinculado directamente coa actividade obxecto de subvención.

Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público para o contrato menor, o beneficiario deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, prestación do servizo ou entrega do ben, salvo que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou salvo que o gasto se tivese realizado con anterioridade á solicitude da subvención.

9ª Obrigas específicas asumidas polos beneficiarios:

– Facilitar información mensual sobre os espectáculos, o número de asistentes e o despacho de billetes.

– Instalar na fachada principal do teatro ou auditorio a placa identificativa da súa pertenza á Rede Galega de Salas, que será facilitada pola Agadic.

Capítulo VII
Subvencións á distribución

1ª Finalidade da concesión:

Promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías profesionais galegas, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

2ª Beneficiarios e modalidades de subvencións. Requisitos:

a) Modalidade C.1. (subvencións para a distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas galegas): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Modalidade C.2. (subvencións para a asistencia a feiras e mercados culturais): persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais.

c) Modalidade C.3. (subvencións para a distribución de espectáculos no territorio da Comunidade Autónoma): persoas físicas e xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con domicilio ou sede social na Comunidade Autónoma de Galicia.

3ª Importes e límites das subvencións:

a) O importe da subvención será, como máximo:

– Modalidade D.1: o correspondente aos gastos de desprazamento, transporte, mantenza e aloxamento do persoal artístico (músicos/actores/bailaríns/manipuladores) e técnico necesarios para a distribución do espectáculo, co límite equivalente ao importe do contrato de distribución. No caso de contratación á billeteira, o importe do contrato calcularase inicialmente, para a súa adxudicación, mediante o produto entre a porcentaxe da billeteira que percibirá a compañía, o prezo medio de entrada e o 60 % da capacidade do local. En todo caso, a contía final que se percibirá non superará a contía da billeteira efectivamente xustificada. A modalidade de contratación á billeteira unicamente será válida para actuacións en España e Portugal. Para espectáculos de artes escénicas, ademais, a axuda incrementarase co 15 % do caché da compañía, previa solicitude expresa.

Para calcular a axuda teranse en conta os seguintes máximos:

– España e Portugal:

Desprazamento: un máximo de 30 euros por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 36 euros por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 40 euros por persoa e día.

– Resto de Europa:

Desprazamento: un máximo de 50 euros por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 60 euros por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 60 euros por persoa e día.

– Resto do mundo:

Desprazamento: un máximo de 80 euros por persoa e día.

Mantenza: un máximo de 60 euros por persoa e día.

Aloxamento: un máximo de 80 euros por persoa e día.

– Gastos de avión, cos seguintes máximos:

España e Portugal: 200 euros por persoa.

Europa: 300 euros por persoa.

Resto do mundo: 700 euros por persoa.

– Días máximos que se consideran para a axuda:

No caso dun só espectáculo:

España e Portugal: 2 días.

Resto de Europa: 3 días.

Resto do mundo: 4 días.

– No caso de xiras:

Os días relativos ás viaxes de ida e volta, os días de representación artística e os días intermedios, cun tope de día intermedio por data de representación artística.

– Gastos de transporte:

Enténdense por transporte aqueles gastos referentes ao desprazamento dos materiais precisos para o desenvolvemento da actividade. Será necesaria a presentación das correspondentes facturas, en que se fará referencia clara ao motivo do transporte e ao material transportado.

– Modalidade C.2: o correspondente aos gastos derivados da asistencia á feira ou mercado cultural, incluídos os de desprazamento, transporte, aloxamento, mantenza (segundo os máximos reflectidos para a modalidade C.1), así como os dereitos ou as cotas de asistencia e alugamento de espazos de exhibición, co límite equivalente ao 60 % sobre o custo total e co máximo de 4.000 euros por feira e 25.000 euros anuais por solicitante. Non son obxecto desta liña de subvencións os gastos de cachés, honorarios profesionais e outros similares, derivados da realización de representacións, espectáculos ou exposicións, nin os de elaboración de materiais promocionais ordinarios.

– Modalidade C.3: o apoio á distribución de espectáculos de artes escénicas dentro da Comunidade Autónoma. A Agadic subvencionará ata o 100 % dos custos de persoal artístico e técnico (nóminas e Seguridade Social) necesario para a representación, correspondentes á data da súa realización, cos seguintes límites:

a) No suposto de que a representación teña como única contraprestación o importe das billeteiras, os máximos subvencionables son:

Cachés ata 1.500 euros, máximo 30 % do caché.

Ata 3.000 euros, máximo 40 % do caché.

Máis de 3.000 euros, máximo 50 % do caché.

A contía máxima subvencionable por representación é de 2.500 euros.

A contía máxima de salario do persoal artístico enténdese referida aos mínimos fixados polo convenio Colectivo de actores e actrices de Galicia. Para o persoal técnico, o límite subvencionable será de 200 euros por persoa e día.

Enténdese por caché, para os efectos desta cláusula, o establecido na Rede Galega de Teatros e Auditorios para Galicia, sen necesidades técnicas.

Só se subvencionarán os contratos de actuación subscritos con espazos escénicos de titularidade pública.

As compañías só poderán ser beneficiarias desta subvención nun máximo de catro representacións por espazo.

En ningún caso serán obxecto de subvención as funcións contratadas pola Rede Galega de Teatros e Auditorios, nin as que sexan consecutivas a estas no mesmo espazo.

Non se subvencionarán as funcións realizadas no concello en que a compañía teña o seu domicilio social.

a) No suposto de que a representación teña como contraprestación unha porcentaxe de caché, ademais dos límites establecidos no punto anterior, a contía total de tal contraprestación máis a axuda da Agadic non poderá superar o 70 % do caché.

b) Forma de pagamento: o importe da subvención farase efectivo logo de xustificación polo beneficiario do cumprimento total das actividades e das obrigas establecidas.

4ª Documentación específica requirida aos solicitantes desta modalidade:

a) Modalidades C.1. e C.2:

– Ficha de distribución (anexo XIII).

– Para a modalidade C.1, documento acreditativo da oferta ou convite, co detalle do contido económico daquela, asinado e cuñado polo representante legal da entidade organizadora.

– Relación nominal de persoas que viaxarán e posto que desempeñan.

– Para a modalidade C2, documento de inscrición como profesional dos asistentes á feira.

b) Modalidade C.3:

– Ficha de distribución (anexo XIII).

– Ficha de contratación (anexo XIV).

– Contrato de actuación.

5ª Prazos previstos para o cumprimento e xustificación das subvencións concedidas para estes proxectos:

Sen prexuízo do disposto na cláusula quinta destas bases, en relación co prazo de iniciación do expediente e a conseguinte presentación de solicitudes, os prazos que se deberán ter en consideración para as modalidades C son os que seguen:

a) De presentación de solicitudes: as solicitudes deberanse presentar, en todo caso, con anterioridade ao 15 de novembro de 2013.

b) De celebración da función:

Entre o 1 de novembro de 2012 e o 31 de decembro de 2013.

c) De xustificación: un mes, contado desde a finalización da distribución ou xira do espectáculo obxecto da subvención e, en todo caso, co límite máximo do 31 de decembro de 2013.

6ª Xustificación e liquidación da subvención outorgada:

a) Modalidades C.1:

– Fotocopia compulsada dos recibos acreditativos do cobramento das cantidades estipuladas.

– Folla de billeteira das funcións realizadas, con indicación do público asistente e a recadación por billeteira, ou certificación acreditativa da realización do espectáculo pola entidade organizadora.

– Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XVII).

– Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida.

Non se aceptarán aquelas facturas en cuxo concepto non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo II).

– Relación nominal de persoas que viaxaron e postos que desempeñaron.

b) Modalidades C.2:

– Relación completa dos gastos realizados, polo importe total dos gastos de explotación (anexo XVII).

– Xustificantes, orixinais ou copias compulsadas, dos gastos imputados á actividade obxecto da subvención, por importe igual ou superior á subvención concedida.

Non se aceptarán aquelas facturas en cuxo concepto non se estableza de maneira clara e discriminada o obxecto do ben, a obra e/ou o servizo facturado.

– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo II).

c) Modalidade C.3:

– Fotocopia compulsada dos recibos acreditativos do cobramento das cantidades estipuladas.

– Folla de billeteira das funcións realizadas, con indicación do público asistente e a recadación por billeteira.

– Relación de documentos xustificativos dos gastos (anexo XVII).

– Nóminas e documentos acreditativos das contías aboadas en concepto de Seguridade Social do persoal artístico e técnico e, se é o caso, facturas e pagamentos do persoal técnico correspondente á data da representación e xustificantes bancarios dos pagamentos.

– Relación de subvencións, achegas ou outros recursos concedidos para o mesmo obxecto por outras administracións públicas, así como declaración das axudas concedidas en réxime de minimis durante os tres últimos exercicios (anexo II).

7ª Obrigas específicas asumidas polos beneficiarios:

Incluír de forma visible en todos os soportes de publicidade e difusión da actividade obxecto da subvención os logotipos da marca de proxección exterior da cultura galega, respectando as súas normas de identidade corporativa, inseríndoos nun lugar preferente ou, cando menos, en igualdade de condicións que a entidade subvencionada.

8ª Outras incidencias. Incompatibilidades:

Estas subvencións son compatibles coas outorgadas polo Instituto Nacional de Artes Escénicas e Musicais para a realización de xiras por territorio nacional ou polo estranxeiro.

As axudas para a asistencia a feiras serán incompatibles con calquera outra concedida para o mesmo obxecto.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file