Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37449

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

REPEDRA, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión polo sistema de absorción.

A sociedade cooperativa agraria Repedra, S. Coop. Galega, con domicilio en Cendoi, 4, do Páramo (Lugo), e CIF F27308931, por medio deste anuncio, e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou fusionarse polo sistema de absorción coa sociedade cooperativa agraria Reparma, S. Coop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbente. A cooperativa resultante denominarase Reparma, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

O Páramo, 3 de setembro de 2013

Ramón Vázquez López
Presidente da sociedade cooperativa Repedra, S. Coop. Galega