Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Luns, 23 de setembro de 2013 Páx. 37450

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

REPARMA, S. Coop. Galega

ANUNCIO de fusión polo sistema de absorción.

A sociedade cooperativa agraria Reparma, S. Coop. Galega, con domicilio en Grallás, s/n, do Páramo (Lugo), e CIF F27430248, por medio deste anuncio, e en cumprimento do artigo 78 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, comunica que na asemblea xeral da cooperativa, que tivo lugar o 29 de agosto de 2013, acordou fusionarse polo sistema de absorción coa sociedade cooperativa agraria Repedra, S. Coop. Galega, resultando esta última a sociedade absorbida. A cooperativa resultante denominarase Reparma, S. Coop. Galega.

Os acredores terán o dereito a opoñerse nos termos establecidos no artigo 81 da mencionada Lei de cooperativas de Galicia.

O Páramo, 3 de setembro de 2013

José Luis Vázquez Vázquez
Presidente da sociedade cooperativa Reparma, S. Coop. Galega