Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 183 Mércores, 25 de setembro de 2013 Páx. 37824

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2013, que se incorpora como anexo II a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO I
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de maio, xuño,
xullo e agosto de 2013

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Faraxa pola abolición da prostitución para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

20.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Comisión Católica Española de Migración (ACCEM) para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

5.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Hermanas Oblatas de Ferrol para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

37.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Adoratrices de Ourense para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

31.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Médicos del Mundo para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

38.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Cruz Vermella Española para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

11.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Ecos do Sur para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

29.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesanas de Ourense para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

41.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesanas de Santiago de Compostela para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

62.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Cáritas Diocesanas de Lugo para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do

P.O. 2007-2013 para Galicia

7.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Aliad Ultreia para o desenvolvemento dun programa de atención a mulleres inmigrantes en situación de prostitución e/ou trata con fins de explotación sexual, cofinanciado co FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

11.000,00

3.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Culleredo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de xénero dependente do concello

46.000,00

9.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello da Coruña para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de xénero dependente do concello

46.000,00

9.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ferrol para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de xénero dependente do concello

46.000,00

9.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Lugo para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de xénero dependente do concello

46.000,00

9.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Ourense para o mantemento do dispositivo de acollida para a atención a mulleres vítimas de xénero dependente do concello

46.000,00

9.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Coordinadora Galega de Organizacións non Gobernamentais para o Desenvolvemento para a execución do proxecto Fortalecemento da Coordinadora Galega de ONGD do ano 2013. Aumentada a capacidade e lexitimidade da Coordinadora Galega de ONGD como plataforma de prestación de servizos e de representación das ONGD galegas e como plataforma de promoción do cambio social e defensa da política pública de cooperación en Galicia

60.000,00

15.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Axuda ao Toxicómano Érguete

35.000,00

16.5.2013

Protocolo de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais para a prestación de asistencia pericial á Administración de xustiza

0,00

20.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil da Coruña en materia de protección civil

5.500,00

30.5.2013

Convenio de colaboración entre a Secretaría Xeral da Igualdade e o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a atención psicolóxica a mulleres que sufran violencia de xénero e, complementariamente, a menores e outras persoas dependentes delas que vivan ou padezan situacións de violencia de xénero, e atención psicolóxica a homes con problemas de control de violencia no ámbito familiar

154.600,00

30.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Provincial de Agrupacións e Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Pontevedra en materia de protección civil

5.500,00

30.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación de Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Ourense e provincia en materia de protección civil

5.500,00

30.5.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Galega de Apicultura en materia de protección civil

18.000,00

30.5.2013

Convenio entre a Xunta de Galicia, a Fiscalía Xeral do Estado, a Deputación Provincial da Coruña e o Centro de Estudos Xurídicos, relativo ao programa de formación continuada de fiscais Escola de verán do Ministerio Fiscal

25.000,00

10.6.2013

Convenio colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Centro Tecnolóxico do Mar, Fundación Cetmar, para a formación profesional e o desenvolvemento produtivo sustentable da pesca de pequena escala en Centroamérica. Profopac IV

180.000,00

11.6.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade da Coruña para o desenvolvemento de actividades de investigación, formación difusión e sensibilización en materias relacionadas coa igualdade de xénero, cofinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

15.000,00

14.6.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento de actividades de investigación, formación difusión e sensibilización en materias relacionadas coa igualdade de xénero, cofinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

15.000,00

14.6.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento de actividades de investigación, formación difusión e sensibilización en materias relacionadas coa igualdade de xénero, cofinanciado con FSE do P.O. 2007-2013 para Galicia

45.000,00

14.6.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Federación de Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil da provincia de Lugo en materia de protección civil

3.050,00

17.6.2013

Convenio entre o Consello Xeral do Poder Xudicial, da Xunta de Galicia, e a Deputación Provincial da Coruña relativo á Escola de verán do Poder Xudicial, programa de formación continua dos integrantes da carreira xudicial para o ano 2013

25.000,00

25.6.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Riós para o remate das obras de construción do velorio municipal

25.000,00

2.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Paradela para a reparación de piscina municipal

25.000,00

2.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade La Voz de Galicia, S.A. para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

87.341,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade La Región, S.A. para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

16.900,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade Faro de Vigo, S.A.U. para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

40.337,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade La Opinión de La Coruña para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

10.151,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade El Progreso de Lugo, S.L. para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

22.713,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade La Capital, S.L. para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

12.046,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a entidade Editorial Compostela, S.A, para a elaboración e difusión de actuacións de difusión e potenciación da sede electrónica da Xunta de Galicia

14.512,00

5.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Institución Social Padre Rubinos

25.000,00

11.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Fundación Galega contra o Narcotráfico

15.000,00

11.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación

12.000,00

11.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e a Asociación España con ACNUR (Comité español ACNUR), Axencia de Nacións Unidas para os Refuxiados, para a execución do Proxecto emerxencia en Siria, acceso a necesidades básicas para os/as refuxiados/as sirios/as

10.000,00

15.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, o Instituto Galego da Vivenda e Solo, a Deputación Provincial da Coruña e a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami)

6.000,00

30.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Cuntis para a reforma da casa do concello

25.000,00

31.7.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza da Xunta de Galicia e o Colexio Territorial de Secretarios, Interventores e Tesoureiros de Administración Local da Coruña

15.000,00

1.8.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps) para a realización do Proxecto prestación de axuda sanitaria e alimentaria á poboación do Wilaya de Ausserd, con especial énfase en nenos/as, mulleres e persoas maiores

10.000,00

6.8.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de San Cristovo de Cea para o acondicionamento de local para punto de atención á infancia

14.713,32

22.8.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Sanxenxo para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

12.000,00

30.8.2013

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Concello de Cangas para a contratación de auxiliares de policía local durante a tempada de verán

7.000,00

30.8.2013

ANEXO II
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza nos meses de xaneiro,
febreiro, marzo e abril de 2013

Convenio

Importe €

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e o Instituto de Formación Financeira e Empresarial da Coruña, para a realización de prácticas de xornalismo no Gabinete de Prensa Institucional

0,00

12.4.2013