Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 30 de setembro de 2013 Páx. 38328

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 10 de setembro de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento da primeira forestación de terras non agrícolas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2007/2013, e se convocan para o ano 2013.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 177, do 17 de setembro de 2013, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 36524, no punto 1 do artigo 12, onde di:

«Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 16».

Debe dicir:

«Resérvanse as seguintes porcentaxes da dispoñibilidade orzamentaria indicada no artigo 22».

Na páxina 36547, no anexo III, número 5, onde di:

«Ud. castiñeiro resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.2.b desta orde

10,00

----»

Debe dicir:

«Ud. castiñeiro resistente/sativa de máis de 1 ata 2 m, de 2 zumes enxertado cunha das variedades das sinaladas no punto 7.2.b desta orde

12,00

----»

Esta corrección non afecta o prazo establecido na referida orde para a presentación de solicitudes.