Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39103

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se fai pública a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Programa de xestión de residuos da construción e demolición de Galicia 2013-2016.

Faise pública a Resolución do 30 de agosto de 2013 pola que se aproba a memoria ambiental correspondente ao procedemento de avaliación ambiental estratéxica do Programa de xestión de residuos da construción e demolición de Galicia 2013-2016, en cumprimento do disposto na devandita resolución.

A integración do proceso de avaliación ambiental estratéxica no procedemento de elaboración e aprobación do planeamento está previsto na Lei 9/2006, do 28 de abril, sobre avaliación dos efectos de determinados plans e programas no ambiente.

A memoria ambiental pódese consultar no seguinte enderezo da internet:

http://www.cmati.xunta.es/busca-por-palabra-clave, introducindo o código 1373/2012.

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental