Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39109

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Monterroso (expediente IN407A 2013/26-2-8110-AT)

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Casa Roke, S.C.

Domicilio social: Ligonde, nº 26, 27568 Monterroso, Lugo.

Denominación: LMTA, CTI e RBTA para granxa en Ligonde.

Situación: concello de Monterroso.

Características técnicas:

– LMTA a 20 kV con orixe nun apoio existente tipo HV-15-630 da LMT PAL 803 Guntín 3 e final no CTI granxa agrícola (proxectado), cunha lonxitude de 30 metros en conductor tipo LA-56.

– CT intemperie sobre apoio de formigón, cunha potencia proxectada de 100 kVA, unha potencia inicial de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

– RBTA con orixe no CT proxectado e final na CXP da parcela que se vai electrificar en condutor tipo RZ-50, cunha lonxitude de 80 metros tensados sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 4 de setembro de 2013

José Manuel Vázquez Leirado
Xefe territorial de Lugo