Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 2 de outubro de 2013 Páx. 39110

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Vilaboa (expediente IN407A 2013/191-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT, CT Barciela.

Situación: Vilaboa.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor tipo RHZ1 de 629 metros de lonxitude, con orixe na LMT PSY 806, no apoio nº D24-57-11 da derivación ao CT Santa Cristina de Cobres Igrexa, e final no CT proxectado. Centro de transformación de 250 kVA, RT 20 kV/400-230 V, situado en Barciela, Santa Cristina de Cobres, Vilaboa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 6 de setembro de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra