Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 189 Xoves, 3 de outubro de 2013 Páx. 39432

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 2013 pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2013.

O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Axencia Galega de Innovación, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2013

Manuel Antonio Varela Rey
Director da Axencia Galega de Innovación

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Axencia Galega de Innovación
nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013

Convenio

Data de sinatura

Importe total do convenio (€)

Convenio de colaboración polo que se acorda a constitución da agrupación KICGallaecia e se aproban as súas regras de funcionamento

31.5.2013

Sen achega económica

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade –Servizo Galego de Saúde–, a Consellería de Economía e Industria –Axencia Galega de Innovación e Instituto Galego de Promoción Económica–, a Consellería do Medio Rural e do Mar, a Consellería de Traballo e Benestar, a Axencia Turismo de Galicia, a Universidade de Santiago de Compostela, a Universidade de Vigo, o Concello de Santiago de Compostela e a Asociación Española de Bioempresas (Asebio), para a organización da Feira Internacional de Biotecnoloxía (Biospain 2014)

29.7.2013

275.000

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

2.8.2013

80.000

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación e a Fundación Biomédica do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

6.8.2013

168.000

Contrato-programa entre a Axencia Galega de Innovación coa Fundación Profesor Novoa Santos para o desenvolvemento de programas de I+D+i biosanitario

6.8.2013

222.160

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a Sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para executar actividades de apoio á internacionalización das empresas galegas e incrementar a participación en proxectos europeos

6.8.2013

44.146,80

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a sociedade Parque Tecnolóxico de Galicia, S.A. para o desenvolvemento de actividades de divulgación científica

28.8.2013

63.190

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega de Innovación e a empresa Pharma Mar, S.A.U. para a organización do XIV Simposio Internacional de Produtos Naturais Mariños

3.8.2013

30.000