Antecedentes.
1. Na referida Resolución do 9 de abril de 2013, pola que se estableceron as bases reguladoras e se anunciou a convocatoria de subvencións para este exercicio a proxectos de enerxías renovables (en diante, bases reguladoras), establécese a posibilidade de solicitar axudas –entre outras– nas seguintes tecnoloxías previstas no seu anexo I:
Concepto |
Código de procedemento |
Enerxía solar térmica |
IN421A |
Caldeiras de biomasa |
IN421D |
2. Tendo en conta o carácter dinámico que se outorga ao procedemento administrativo de concesión, unha vez confirmada a reserva de fondos e a posterior presentación en prazo das solicitudes xa formalizadas, verificouse que tanto a súa documentación como os proxectos técnicos cumpren cos requisitos establecidos nas bases reguladoras.
Consideracións legais.
1. O Departamento de Secretaría e Servizos Xerais do Instituto Enerxético de Galicia será o órgano competente para a instrución do procedemento administrativo de concesión das subvencións e correspóndelle á Dirección deste organismo ditar as diferentes resolucións que deriven del (artigo 12.1 das bases reguladoras).
2. Todas as resolucións serán notificadas de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro. Con carácter xeral, non se enviarán notificacións postais e, de conformidade co establecido no artigo 59.6.b) da indicada lei, no caso das resolucións de concesión poderase substituír a notificación individual pola publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Inega (www.inega.es). Nesta publicación especificarase a data da convocatoria, os beneficiarios, as cantidades concedidas e a finalidade das subvencións outorgadas. Coa publicación no DOG poderán remitirse os beneficiarios a que consulten a información detallada da resolución a través do taboleiro electrónico de anuncios habilitado para estes efectos na referida páxina web.
3. A concesión das subvencións efectuarase respectando a rigorosa orde de reserva de fondos realizada a través da aplicación informática, e logo de presentar a solicitude e a totalidade da documentación administrativa e técnica prevista no artigo 7.5 das bases reguladoras, sen prexuízo da posterior revisión pola Comisión Técnica de tales documentos, que podería dar lugar, se é o caso, á modificación da axuda na resolución de concesión (artigos 7.1.a) e 10 das bases reguladoras).
4. Estas axudas están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 52 %, no marco do programa operativo Feder-Galicia 2007-2013, eixe 4, tema prioritario 40 e 41.
5. Neste procedemento só se teñen en conta aqueles feitos, alegacións ou probas aducidos polos propios interesados.
6. Para determinar o importe do investimento subvencionado ou o custo elixible e fixar a contía máxima de axuda atendeuse aos criterios recollidos no anexo I das bases reguladoras (Normas por tecnoloxía aplicada).
7. Salvo naqueles supostos en que os beneficiarios son particulares ou institucións que non desenvolven actividades económicas que repercutan en terceiros, observouse o disposto no artigo 23 e concordantes do Regulamento (CE) número 800/2008, do 6 de agosto, da Comisión, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do TFUE (DOUE L 214, do 9 de agosto), concretamente para a seguinte categoría exenta: axudas ao investimento para a protección do ambiente destinadas á promoción de enerxía procedente de fontes de enerxía renovables.
8. Tal e como dispón o artigo 14 das bases reguladoras, todas as axudas concedidas implican a aceptación por parte dos seus destinatarios para seren incluídos na lista pública de beneficiarios prevista nos artigos 6 e 7.2.d) do Regulamento (CE) da Comisión do 8 de decembro de 2006 (DOUE L 371, do 27 de decembro).
Así mesmo, como beneficiarios de axudas que contan con financiamento comunitario, deberán cumprir coas obrigas de información e publicidade establecidas nos artigos 8 e 9 do citado regulamento, e no artigo 1, números 1) e 2), do Regulamento (CE) da Comisión do 1 de setembro de 2009 (DOUE L 250, do 23 de setembro).
De acordo con todo o anterior, e dentro do prazo previsto no artigo 13 das bases reguladoras, esta dirección
RESOLVE:
Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das axudas concedidas con cargo ás aplicacións orzamentarias 08.A2.733A.781.7, 08.A2.733A.781.1 e 08.A2.733A.771.6, nas distintas tipoloxías que aparecen recollidas no anexo desta resolución.
Segundo. Todos os beneficiarios poderán obter a información detallada dos requisitos da subvención concedida, accedendo ao taboleiro electrónico a través da aplicación informática habilitada para estas axudas co usuario e contrasinal do solicitante, desde a páxina web do Instituto Enerxético de Galicia (www.inega.es), na epígrafe «Axudas a instalacións enerxías renovables 2013».
Terceiro. De acordo co disposto no artigo 16 das bases reguladoras, se transcorresen dez (10) días hábiles desde a publicación desta resolución no DOG sen que os interesados que figuran no anexo comunicasen expresamente a súa renuncia á subvención, entenderase que aceptan e, desde ese momento, adquirirán a condición de beneficiarios.
Contra esta resolución, que lle pon fin á vía administrativa, cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo da cidade de Santiago de Compostela, no prazo de dous (2) meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación ou notificación, de acordo co previsto nos artigos 8 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Con carácter previo e potestativo, poderase interpor recurso administrativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou o acto, no prazo dun (1) mes contado do mesmo xeito, tal e como dispoñen os artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Todo iso sen prexuízo de calquera outro recurso que se considere oportuno.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013
Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia
ANEXO
Subvencións concedidas
IN421A - Grupo I: enerxía solar térmica (eixe 4, medida 40).
Beneficiarias: familias e institucións sen ánimo de lucro.
Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.7.
Código de solicitude |
NIF |
Datos do solicitante |
Investimento sen IVE (€) |
Subvención (€) |
IN421A/13R440 |
33277832Y |
José Tallón Freire |
5.974,40 |
945,00 |
IN421A/13R447 |
53161519D |
Virginia Neira Cousillas |
6.213,57 |
2.158,24 |
IN421A/13R453 |
34891116R |
Juan Fernando Fernández Vachet |
4.580,00 |
1.130,17 |
IN421A/13R480 |
44087726S |
Gonzalo Toval Barreras |
2.980,00 |
1.183,68 |
IN421A/13R483 |
33252578Y |
Manuel Chan Antelo |
2.745,00 |
978,08 |
IN421A/13R491 |
32597598C |
Rodrigo Eduardo Ramos Ardá |
3.201,00 |
693,70 |
IN421A/13R513 |
35247287V |
José Guillermo Dopazo Sueiro |
6.570,00 |
2.240,10 |
IN421A/13R537 |
35553360Y |
María Rodríguez Rodríguez |
1.180,00 |
732,00 |
IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).
Beneficiarias: familias e institucións sen ánimo de lucro.
Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.781.1.
Código de solicitude |
NIF |
Datos do solicitante |
Investimento sen IVE (€) |
Subvención (€) |
IN421D/13R1506 |
34245419Y |
José Manuel Rodríguez Carreira |
12.135,00 |
3.000,00 |
IN421D/13R1521 |
34581460V |
Emilio Jesús Levices González |
5.002,00 |
1.992,00 |
IN421D/13R1546 |
33851233V |
José Luis Cortón López |
6.192,14 |
1.992,00 |
IN421D/13R1602 |
33846553Y |
Miguel González Rivas |
6.072,45 |
1.992,00 |
IN421D/13R1666 |
35784636V |
Guillermo Gil Rodríguez |
7.466,00 |
2.560,00 |
IN421D/13R1670 |
76911153G |
Juan Manuel Domínguez Alonso |
5.800,00 |
1.992,00 |
IN421D/13R1699 |
35240254E |
Andrés Otero Vázquez |
6.945,00 |
3.369,24 |
IN421D/13R1715 |
36118993T |
Casiano Iglesias García |
14.215,00 |
1.600,00 |
IN421D/13R1734 |
53177912A |
Dimas Rodríguez Álvarez |
13.674,00 |
2.500,00 |
IN421D/13R1736 |
33821869R |
Jesús Pacios Valín |
10.981,00 |
1.236,00 |
IN421D/13R1756 |
33327278W |
Iván Leivas Montero |
7.410,00 |
2.400,00 |
IN421D/13R1788 |
34987457H |
María Guadalupe Vázquez Acevedo |
5.284,00 |
1.992,00 |
IN421D/13R1802 |
35802023Q |
Florinda Barredo Fernández |
7.527,00 |
1.600,00 |
IN421D/13R1804 |
76896586L |
Águeda Treinta Álvarez |
10.000,00 |
2.560,00 |
IN421D/13R1806 |
33345799P |
Patricia Pico Roca |
7.500,00 |
1.800,00 |
IN421D/13R1832 |
36045306M |
José Benigno Alejandro Lorenzo |
6.535,00 |
1.992,00 |
IN421D/13R1667 |
76805723Y |
Lina Carrillo Santiago |
4.380,00 |
900,00 |
IN421D/13R1683 |
33195520B |
Ramón Blanco Veiras |
9.500,00 |
1.650,00 |
IN421D/13R1687 |
33299421K |
Amalia Liste Liste |
1.950,00 |
637,33 |
IN421D/13R1689 |
34636445D |
Jacobo Rodríguez Silvosa |
7.917,43 |
600,00 |
IN421D/13R1693 |
33806435T |
María Josefa García Liz |
4.800,00 |
1.250,00 |
IN421D/13R1710 |
35211164G |
Magín Méndez Fernández |
6.007,00 |
1.250,00 |
IN421D/13R1750 |
34128917E |
Pablo Rodríguez Curto |
3.534,00 |
1.437,24 |
IN421D/13R1769 |
34173485Q |
Domitila Castro Figueiras |
3.351,00 |
1.020,00 |
IN421D - Grupo IV: caldeiras de biomasa (eixe 4, medida 41).
Beneficiarias: empresas privadas.
Aplicación orzamentaria: 08.A2.733A.771.6.
Código de solicitude |
NIF |
Datos do solicitante |
Investimento sen IVE (€) |
Subvención (€) |
IN421D/13R1770 |
A32016511 |
Forestación y Repoblación, S.A. |
119.300,00 |
17.600,00 |
IN421D/13R1778 |
B27446665 |
Biolugo, S.L. |
2.645,00 |
870,00 |