José Luis Pérez García, secretario xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, polo presente anuncio:
No presente procedemento ordinario 609/13 seguido por instancia de Servilease, S.A. fronte a Bello Moure, S.L., Agustina Moure Costa e Fernando Bello Seoane ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:
Sentenza 122/2013.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013.
Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela os presentes autos de xuízo ordinario 609/2011 seguidos ante este xulgado, entre partes, dunha como demandante Servilease, S.A., con procurador Sr. García-Piccoli Atanes e letrado Sr. Pérez Ares, e doutra, como demandados, a mercantil Bello Moure, S.L., Fernando Bello Seoane e Agustina Moure Costa, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza con base nos seguintes:
Decido que, estimando como estimo a demanda interposta por Servilease, S.A., con procurador Sr. García-Piccoli Atanes, fronte á mercantil Bello Moure, S.L., Fernando Bello Seoane e Agustina Moure Costa, en rebeldía:
Debo declarar resolto o contrato de renting que tivo lugar entre as partes o 28 de agosto de 2010.
Debo condenar e condeno os demandados conxunta e solidariamente a pagar á demandante a cantidade de 6.087,84 euros en concepto de vencementos impagados, gastos de devolución e xuros ata o 20 de xullo de 2011, máis a cantidade de 1.598,37 euros mensuais desde o mes de xullo de 2011 ata que se produza a devolución do vehículo, máis os xuros de demora pactados ao 2 % mensual.
Debo condenar e condeno os demandados á inmediata restitución do vehículo Audi A6 matrícula 6447 GWD á parte demandante.
Debo condenar e condeno a parte demandada ao pagamento das custas procesuais causadas no presente procedemento.
Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.
Modo de impugnación: mediante recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.
O recurso presentarase por medio de escrito neste xulgado no prazo de vinte días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación.
Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.
E encontrándose o devandito demandado, Fernando Bello Seoane, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2013
O secretario xudicial