Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39974

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO de información pública sobre balsa de zurro en Fazai-Carballido (expediente 620/12).

José Manuel Seijas Villar solicitou desta alcaldía licenza municipal para a instalación dunha balsa de zurro en Fazai-Carballido (parcela 3, polígono 461).

En cumprimento do disposto no punto 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un período de vinte días, co fin de que durante este -que empezará a contarse desde o día seguinte ao da publicación do presente edicto- poidan examinar o expediente, no Servizo de Licenzas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que se consideren oportunas.

Lugo, 29 de agosto de 2013

Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente de alcalde delegado da Área de Urbanismo