Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 7 de outubro de 2013 Páx. 39975

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Sarria

ANUNCIO de información pública sobre construción de nave de ceba de xatos, esterqueira e almacén e construción de almacén en Sabenche (Barbadelo).

Caxigueiro, S.C. solicitou desta alcaldía licenza municipal de proxecto de construción de nave de ceba de xatos, esterqueira e almacén e construción de almacén de 91,12 m2, en Barbadelo-Sabenche-polígono 29, parcelas 390 e 383, deste concello. En cumprimento do disposto no artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo prazo de vinte días hábiles, co obxecto de que durante este poida examinarse o expediente, na Secretaría deste concello, e poidan formularse as alegacións que se consideren oportunas.

Sarria, 12 de setembro de 2013

José Antonio García López
Alcalde