O 5 de setembro de 2013, a Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade da Coruña ditou a resolución do expediente sancionador nº 2013237AL-CO incoado a Rubén Carlín Rodríguez.
Intentada a notificación da resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícase a Rubén Carlín Rodríguez o contido da dita resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura territorial, sita na rúa Gregorio Hernández, 2-4, A Coruña e a obter, de ser o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.
No caso de estar de acordo co contido desta resolución o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de Caixa Galicia, conta contable 840, código 001; en Caixanova, Recadación Xunta; en BBVA, transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 17 de setembro de 2013
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº expediente: 2013237AL-CO.
Interesado: Rubén Carlín Rodríguez (Restaurante Las Vegas).
DNI/NIF/CIF: 45905393S.
Último enderezo coñecido: adva. Rodrigo de Padrón, 9, 15705 Santiago de Compostela.
Feito imputado: infracción á lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos: Lei 33/2011, do 4 de outubro, xeral de saúde pública (BOE nº 240, do 5 de outubro), artigo 57.2.c) 1º e 2º.
Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo), artigos 50 e 51.
Regulamento (CE) 852/2004, do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO nº 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007), artigo 5.
Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos los operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I), capítulos V e IX.
R.D. 3484/2000, do 29 de decembro, sobre normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001), artigos 6 e 7.
Decreto 204/2012, do 4 de outubro, polo que se crea o Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios (Regasa) (DOG nº 205, do 26 de outubro), artigos 2, 4 e 6.
Tipificación: leve.
Sanción imposta: 600 € (seiscentos euros).

