Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador ES-P-0014/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Víctor Joy Galarreta Álvarez.

Expediente: ES-P-0014/13.

Último domicilio coñecido: rúa Oporto, nº 4, 1º dereita, Vigo, Pontevedra.

Indicación do contido: notifícaselle a resolución do procedemento sancionador ES-P-0014/13 pola que se pon fin ao dito procedemento polo pagamento voluntario da multa recollida na proposta de resolución.

Recursos: contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes, de acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.