Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 9 de outubro de 2013 Páx. 40273

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 11 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador ES-P-0006/13.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase a proposta de resolución do expediente sancionador que se indica no anexo.

Pontevedra, 11 de setembro de 2013

José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra da Consellería de Medio Ambiente,
Territorio e Infraestruturas

ANEXO

Interesado: Leopoldo de Soto Rodríguez Osorio.

Expediente: ES-P-0006/13.

Último domicilio coñecido: praza de España, nº 20,1º B, 27500 Chantada, Lugo.

Indicación do contido: notifícaselle a proposta de resolución do procedemento sancionador ES-P-0006/13 na cal se propón unha sanción no seu grao mínimo de multa de 500 €, de acordo co disposto no artigo 112 da Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia.

Alegacións: as persoas interesadas poderán formular alegacións, así como presentar documentos ou xustificantes que xulguen convenientes, no prazo de quince días contados desde a publicación. Así mesmo, poderán acceder ao contido do expediente depositado nas dependencias administrativas de acordo co disposto nos artigos 3.1 e 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto.