1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.
a) Organismo: Consellería de Sanidade.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.
c) Obtención de documentación e información:
1) Dependencia: Servizo de Contratación.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2ª planta.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
4) Teléfono: 881 54 27 87.
5) Telefax: 881 54 27 62.
6) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es
d) Número de expediente: MS-CON1-13-024.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: subministración.
b) Descrición: adquisición de 30.000 test para a análise de sangue oculto en feces para o Programa galego de detección precoz de cancro colorrectal.
c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.
d) Prazo de execución/entrega: 24 meses desde a súa formalización.
e) Admisión de prórroga: si.
f) CPV (referencia de nomenclatura): 33141600-6.
3. Tramitación, procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto.
c) Criterios de adxudicación, se é o caso:
|
Concepto |
Puntuación |
|
Criterios non valorables de forma automática (sobre B) |
0-40 |
|
– Evidencia científica da validez do test como proba de cribado poboacional, a nivel internacional (ata 23 puntos). – Adaptación á organización do programa e á súa posible ampliación (ata 5 puntos). – Sistemas de avaliación externa da calidade de carácter nacional ou internacional (ata 5 puntos). – Características do colector e da bolsa (ata 5 puntos). – Melloras na oferta (ata 2 puntos). |
40 puntos |
|
Criterios valorables de forma automática (sobre C) |
0-60 |
|
Oferta económica |
40 puntos |
|
Porcentaxe de erros técnicos no proceso analítico |
10 puntos |
|
Servizo técnico e servizo posvenda |
10 puntos |
4. Valor estimado do contrato: 198.000 euros.
5. Orzamento base de licitación.
a) Importe neto: 66.000 euros. Importe total: 72.600 euros.
6. Garantías exixidas.
Provisional: non. Definitiva: 5 (%) do importe de licitación excluído o IVE.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver números 16 e 17 da folla de especificacións.
8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: quince días naturais contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG). Se o último día de presentación de solicitudes coincide en sábado ou día inhábil, na localidade establecida na cláusula 5.2. do prego de cláusulas administrativas particulares, o prazo de presentación prorrogarase ao primeiro día hábil seguinte.
b) Lugar de presentación:
1) Dependencia: Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade e Servizo Galego de Saúde.
2) Domicilio: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
3) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Admisión de variantes, se procede: non.
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses contados desde a data de apertura das proposicións.
9. Apertura das ofertas.
a) Enderezo: Servizo Galego de Saúde, Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.
b) Localidade e código postal: 15703 Santiago de Compostela.
c) Data e hora: a apertura do sobre B terá lugar na sala 2-1 do Edificio Administrativo San Lázaro, ás 9.00 horas do décimo primeiro día natural contado desde o día seguinte ao da finalización de presentación das ofertas. No caso que o día sinalado coincida en sábado, domingo ou festivo, realizarase o seguinte día hábil.
A apertura do sobre C publicarase no perfil do contratante.
10. Gastos de publicidade: si, por conta de/dos adxudicatarios.
11. Outras informacións: ver número 27 da folla de especificacións.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013
Pablo Torres Arrojo
Director xeral de Recursos Económicos

