A representante da titularidade do centro privado Litocentro, do concello de Ourense, solicita a súa apertura e funcionamento para impartir o ciclo formativo de grao medio de Peiteado e Cosmética Capilar.
Logo da tramitación do expediente, de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,
DISPOÑO:
Primeiro. Autorizar a apertura e funcionamento do centro privado Litocentro, do concello de Ourense. Os datos do centro que se autoriza son os que se sinalan a continuación:
Denominación xenérica: centro privado.
Denominación específica: Litocentro.
Código do centro: 32020860.
Domicilio: avenida da Habana, 27, baixo.
Localidade: Ourense.
Concello: Ourense.
Provincia: Ourense.
Titular: Lito Seoane Peluqueros, S.L.
Ensinanzas que se autorizan:
Familia profesional: Imaxe Persoal.
Un ciclo formativo de grao medio de Peiteado e Cosmética Capilar (2 unidades para 20 alumnos/as cada unha).
Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no devandito centro, así como o equipamento axeitado.
Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Comunidade Autónoma de Galicia.
Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.
Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 20 de setembro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria