Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 12 de setembro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2013103TA-OU, incoado por infracción en materia sanitaria.

O 29 de xullo de 2013, o instrutor do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador nº 2013103TA-OU incoado na Xefatura Territorial de Ourense da Consellería de Sanidade a Pub Night Ourense, S.L., CIF B32423741, con domicilio na rúa Cabeza de Manzaneda, 6, baixo, 32005 Ourense.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica; por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do devandito artigo, notifícaselle a Pub Night Ourense, S.L., CIF B32423741, con domicilio na rúa Cabeza de Manzaneda, 6, baixo, 32005 Ourense, o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias do departamento sito na avda. de Zamora, nº 13, de Ourense, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 12 de setembro de 2013

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente sancionador: 2013103TA-OU.

Denunciado: Pub Night Ourense, S.L.

Documento de identificación: CIF B32423741.

Último enderezo coñecido: rúa Cabeza de Manzaneda, 6, baixo, 32005 Ourense.

Feitos imputados: infracción en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigos 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos de tabaco.

Tipificación: grave.

Sanción proposta: mil euros (1.000,00 €).