Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.
Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT, CT, RBT San Vicente.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 de 1.325 metros de lonxitude, con orixe no CM día e final no apoio 4ESO299 da LMT principal nº 17 Queidores-Rest. Ponteareas, unha vez que entre e saia do CT proxectado. Centro de transformación de 160 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en San Vicente, Ponteareas. Rede de baixa tensión aérea de 289 metros con condutor RZ.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.
Pontevedra, 27 de agosto de 2013
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

