Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40365

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 27 de agosto de 2013, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello de Covelo (expediente IN407A 2013/186-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía., S.A.

Domicilio social: r/ Virgen de la Luz, nº 3, baixo, 36860 Ponteareas.

Denominación: LMT, CT Maceira Camping.

Situación: Covelo.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV con condutor Hersatene RHZ1 de 55 metros de lonxitude, con orixe no CM Maceira e final no CT proxectado Maceira Camping. Centro de transformación de 100 kVA, RT 20 kV/400 V, situado en Maceira, Covelo. Rede de baixa tensión aérea de 1.091 metros con condutor RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo, avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 27 de agosto de 2013

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra