A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.
En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U., de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
3. Data:
Os días 4, 6, 7, 11, 13 e 14 de novembro de 2013.
4. Lugar de celebración:
Conservas Ignacio González Montes, S.A.
Rúa Colexio, nº 10, Corrubedo.
15969 Ribeira (A Coruña).
5. Número de prazas:
25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/o manipulen produtos biocidas de uso ambiental e na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de inscricións.
8. Presentación de solicitudes:
Solicitude segundo o modelo do anexo.
9. Programa:
|
Día 4.11.2013 |
|
|
17.00-20.15 h |
Biocidas. Historia. Descrición e xeneralidades. Lexislación. Riscos para o home derivados do uso dos biocidas. Lexislación. Exercicios prácticos: interpretación de pictogramas e etiquetas. |
|
Día 6.11.2013 |
|
|
17.00-20.45 h |
Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación de biocidas. Exercicios prácticos: fichas datos de seguridade. |
|
Día 7.11.2013 |
|
|
17.00-20.45 h |
Métodos de loita antivectorial. Técnicas de aplicación. Uso adecuado dos medios de protección persoal. Exercicios prácticos: preparación e cálculo de disolucións. |
|
Día 11.11.2013 |
|
|
17.00-20.15 h |
Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios na intoxicación por biocidas. |
|
Día 13.11.2013 |
|
|
17.00-20.45 h |
Biocidas e ambiente. Problemas. Destrución de envases. Residuos de biocidas e contaminación. Medidas preventivas da contaminación do ambiente. Alteracións do equilibrio ecolóxico. Xestión de residuos. Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Historia ecolóxica das pragas. Clasificación e características. Pragas urbanas. Bioloxía das pragas urbanas. Métodos de loita. |
|
Día 14.11.2013 |
|
|
17.00-20.45 h |
Xeneralidades sobre pragas ambientais e na industria alimentaria. Pragas de interese en saúde pública. Pragas de roedores, pragas de aves. Métodos de loita antivectorial. Test de avaliación. |
10. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co cal poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.
Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2013
Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública
ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico
Entidade organizadora: Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U.
Datas: os días 4, 6, 7, 11, 13 e 14 de novembro de 2013.
Lugar de celebración do curso:
Conservas Ignacio González Montes, S.A.
Rúa Colexio, nº 10, Corrubedo.
15969 Ribeira (A Coruña).
Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.
Horario: das 17.00 ás 20.45 h, agás o 4 e 11 de novembro que será das 17.00 ás 20.15 h.
Nº de prazas: 25 alumnos.
Presentación de solicitudes:
Enviarase a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Biocontrol e Calidade Alimentaria, S.L.U, avda. Primo de Rivera nº 4, 2º local 6-7, 15006 (A Coruña). Tel. 981 24 54 18. Fax 981 16 81 59, correo electrónico biocontrol@biocontrolbcl.com
Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.
-------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
EMPRESA..............................................................................................................................................................................
CIF...........................................................................................................................................................................................
ENDEREZO............................................................................................................................................................................
LOCALIDADE..........................................................................................................................................................................
TELF.:....................................................................... FAX:............................................................................................
CORREO ELECTRÓNICO.....................................................................................................................................................
APELIDOS..............................................................................................................................................................................
NOME.....................................................................................................................................................................................
NIF...........................................................................................................................................................................................

