Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40314

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 26 de setembro de 2013, da Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicador/manipulador de biocidas.

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6 que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán aos organismos responsables na Comunidade Autónoma a homologación de ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Política Social e de Agricultura do Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, solicitado pola entidade Sanea Control, S.L., de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico.

2. Entidade organizadora:

Sanea Control, S.L.

3. Data:

Do 29 ao 31 de outubro de 2013.

4. Lugar de celebración:

Corporación Alimentaria Peñasanta.

Estrada N-VI, km 511, Robra.

27154 Outeiro de Rei (Lugo).

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Todo o persoal auxiliar das empresas que apliquen e/ou manipulen produtos biocidas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de inscricións.

8. Presentación de solicitudes:

Solicitude segundo o modelo do anexo.

9. Programa:

Día 29.10.2013

6.00-7.00 h

Introdución. Lexislación.

7.00-8.00 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

8.00-8.30 h

Descanso.

8.30-9.30 h

Praguicidas. Descrición e xeneralidades.

9.30-11.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

11.00-11.30 h

Descanso.

11.30-12.00 h

Xeneralidades sobre pragas ambientais e da industria alimentaria.

12.00-14.00 h

Métodos de loita antivectorial.

Día 30.10.2013

6.00-7.20 h

Riscos para o home derivados da utilización dos praguicidas.

7.20-8.00 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

8.00-8.30 h

Descanso.

8.30-9.10 h

Praguicidas e ambiente: problemas que presentan. Destrución de envases.

9.10-10.30 h

Hixiene e seguridade no seu manexo e aplicación.

10.30-11.00 h

Preparación de disolucións de produtos.

11.00-11.30 h

Descanso.

11.30-12.30 h

Preparación de disolucións de produtos.

12.30-14.00 h

Interpretación de pictogramas e etiquetas de praguicidas.

Día 31.10.2013

6.00-8.00 h

Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios no caso de intoxicación por praguicidas.

8.00-8.30 h

Descanso.

8.30-10.30 h

Técnicas de aplicación de praguicidas.

10.30-11.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

11.00-11.30 h

Descanso.

11.30-12.00 h

Boas prácticas de almacenamento de praguicidas.

12.00-13.00 h

Resolución de exercicios prácticos.

13.00-14.00 h

Avaliación tipo test.

10. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública da Consellería de Sanidade, o carné de aplicador/manipulador de biocidas, nivel básico.

Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013

Sonia Martínez Arca
Directora xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública

ANEXO
Ficha de solicitude de inscrición

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de produtos biocidas. Nivel básico

Entidade organizadora: Sanea Control, S.L.

Datas: do 29 ao 31 de outubro de 2013.

Lugar de celebración do curso:

Corporación Alimentaria Peñasanta.

Estrada N-VI, km 511, Robra.

27154 Outeiro de Rei (Lugo).

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora de avaliación.

Horario: das 6.00 ás 14.00 h (60 minutos de descanso, das 8.00 ás 8.30 h e das 11.00 ás 11.30 h).

Nº de prazas: máximo 25 alumnos.

Presentación de solicitudes:

Enviarase, como data límite o 22 de outubro de 2013, a ficha de inscrición xunto cunha copia do DNI, fotografía tamaño carné e xustificante de pagamento a Sanea Control, S.L., avda. da Mahía 106, baixo, 15220 Bertamiráns, Ames (A Coruña). Tel. 981 88 69 24/639 60 63 81. Fax 881 24 29 45, correo electrónico saneacontrol@yahoo.es

Criterio de selección: por rigorosa orde de recepción da solicitude.

NOME:

APELIDOS:

CARGO/ACTIVIDADE DESEMPEÑADA:

EMPRESA:

SECTOR ACTIVIDADE:

ENDEREZO:

CP:

LOCALIDADE:

PROVINCIA:

TELÉFONO:

FAX:

CORREO ELECTRÓNICO: