A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso administrativo P.O. 181/2013, interposto por María Concepción López Real, Mónica Arias Lombao, Serafina Arias Cordero, María Carmen Barreiro Blanco, Celsa Díaz Fernández, Josefa López García, María Anastasia Peláez Díaz, Beatriz Fernández Arias, Carmela Vacarello Maddalena, María José Fernández Ruiz, María Jesús González Reboiro, Reyes Fernández Vázquez, Nieves Marzabal Morillo, Paz Pardo Vilanova, María Carmen Latas Losada, Carmen Núñez Bruzos, Montserrat Gómez e Dolores Rodríguez Losada, contra a Resolución do 3 de maio de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 92, do 15 de maio).
En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

