Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40302

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se empraza o interesado no recurso contencioso-administrativo P.O. 183/2013, interposto por Santiago Parra Contreras.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 183/2013, interposto por Santiago Parra Contreras, contra a Resolución do 3 de maio de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 92, do 15 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública