Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40301

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 2 de outubro de 2013, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 182/2013, interposto por María del Mar Paz Paz e outros.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 182/2013, interposto por María del Mar Paz Paz, María Ángeles Lodeiro Campo, Oria Abelleira Rodríguez, María Jesús Rivas Laso, María Pilar Boyero Mateos, María Asunción Díaz Valcarcel, María Jesús Luaces López, Josefina Cordero Díaz y María Regina Luisa Pérez López, contra a Resolución do 3 de maio de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 2 de maio de 2013 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Consellería de Traballo e Benestar (DOG nº 92, do 15 de maio).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública