Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, mediante unha Orde do 11 de xuño de 2013 (DOG nº 115, do 18 de xuño), e de conformidade co establecido nas bases quinta e sexta da citada convocatoria, esta consellería
RESOLVE:
Primeiro. Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ao funcionario que se relaciona no anexo desta orde.
Segundo. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo a praza producirase no prazo de tres días, contados a partir do seguinte ao da data da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O prazo para a toma de posesión da praza adxudicada será de tres días a partir do seguinte ao do cesamento, de tratarse da mesma localidade onde actualmente o funcionario preste servizos, ou dun mes se radica en distinta localidade, de conformidade co establecido no artigo 14 do Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, aprobado polo Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e co disposto na base sétima da convocatoria.
Terceiro. A xefatura do centro en que cause baixa o funcionario, así como a daquel en que obteña praza, consignarán no título administrativo, dentro dos prazos sinalados nos puntos anteriores, as dilixencias de cesamento e toma de posesión, das cales lles darán traslado, mediante copia, á Dirección Xeral da Función Pública.
Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase formular un recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente un recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 26 de setembro de 2013
P.D. (Orde do 25.1.2012)
José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos
ANEXO
Apelidos e nome: Infante Roura, Faustino.
Nº rexistro persoal: 3275712157A2072.
Corpo ou escala: facultativo superior da Xunta. Especialidade de Arqueólogos.
Subgrupo: A1.
Posto de traballo: xefatura do Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación.
Código: ED.501.00.002.15770.020.
Nivel: 28.
Centro directivo: Secretaría Xeral de Universidades.
Localidade: Santiago de Compostela.

