Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40298

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 3 de outubro de 2013 pola que se dispón o cesamento e o nomeamento dun membro do Consello do Turismo de Galicia.

O Decreto 149/2012, do 5 de xullo, polo que se regula o Consello do Turismo de Galicia, establece no seu artigo 5 o procedemento de nomeamento dos/das seus/súas membros e dispón no seu parágrafo 1 que os/as membros serán nomeados/as e cesados/as pola persoa titular do órgano superior da Administración autonómica competente en materia de turismo por proposta das diferentes organizacións e entidades representadas. O parágrafo 2 do citado artigo establece que se algún/algunha membro perde a condición de representatividade pola organización que o elixiu, esta deberá comunicar, no prazo máximo dun mes, á Administración turística autonómica, o/a novo/a vogal proposto/a para a súa representación.

O 18.2.2013 constituíuse a Axencia Turismo de Galicia, coa sesión constitutiva do seu Consello Reitor e asumindo desde a súa constitución, as competencias atribuídas á Secretaría Xeral para o Turismo, de conformidade co disposto na disposición adicional primeira do Decreto 196/2012, do 27 de setembro, polo que se crea a Axencia de Turismo de Galicia e se aproban os seus estatutos.

Polo exposto, en exercicio das facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Cesar como membro titular do Pleno do Consello do Turismo de Galicia a Elena del Pilar Ramallo Miñán.

Segundo. Nomear membro titular do Pleno do Consello do Turismo de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 3.1.c) parágrafo 7, a Manuel Butler Halter.

Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013

Mª Nava Castro Domínguez
Directora de Axencia Turismo de Galicia