Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:
Nº de expediente: CGSIB/001/13/XC.
Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio e tramitación ordinaria.
Denominación do concurso público: servizo para o desenvolvemento do programa Xantar na Casa en diferentes concellos galegos.
Importe de adxudicación: 3.099.890,25 €, IVE incluído.
Adxudicataria: Coesco Deza, S.L.
Data de formalización do contrato: 2.9.2013.
Vantaxes da oferta do adxudicatario: oferta técnica moi completa, con menús ben deseñados e ofertando un salto cualitativo, con respecto ao resto de ofertas, nas epígrafes de valoración sensorial e de atención social.
Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto perfil do contratante.
Santiago de Compostela, 18 de setembro de 2013
Roberto Rodríguez Martínez
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

