Ao presidente da Fundación Manuel Ventura Figueroa, en virtude da delegación efectuada polos membros do Padroado na súa reunión do día 27 de xuño de 2013, correspóndelle aprobar a convocatoria das axudas ao estudo para o curso académico 2013/14, con suxeición ás bases da convocatoria cuxo texto pode consultarse na páxina web da fundación (www.mvfigueroa.com).
Os interesados poderán presentar as súas solicitudes no lugar e durante o prazo establecido na convocatoria mediante o modelo que figura como anexo dela.
O que se fai público para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 2 de outubro de 2013
Jesús Vázquez Abad
Presidente do Padroado da Fundación Manuel Ventura Figueroa

