O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 26 de setembro de 2013, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:
a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal e do Plan parcial de ordenación do SUNP-31.1 (San Marcos), segundo o proxecto formulado polos arquitectos Carlos Pérez e Jesús Conde e presentado pola Inmobiliaria Outeiro de Sar, S.L. o día 16 de setembro de 2013.
b) Someter o acordo a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do Concello, no Diario Oficial de Galicia, e en dous xornais dos de maior difusión na provincia. Durante o citado período, o expediente estará á disposición de calquera persoa que desexe examinalo co obxecto da presentación das alegacións que se consideren pertinentes.
c) Dar audiencia aos concellos limítrofes, simultaneamente e durante o mesmo prazo da información pública, e pedir ao organismo autónomo Augas de Galicia o informe previsto na lexislación sectorial aplicable.
Este acordo determina automaticamente, por aplicación do disposto no artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas nas parcelas 115 e 118 do Plan parcial do SUNP-31 (parcelas 24 e 25 do proxecto de compensación), durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial.
Durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, os interesados poderán consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013
María Pardo Valdés
Concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible

