Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40414

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública relativo a unha nave de exposición e venda de coches (LAP/190/2012).

Enrique Manuel González Nogueira solicitou licenza de apertura para nave destinada a exposición e venda de coches na rúa da Cidade do Transporte (C) 75, Santiago de Compostela (A Coruña). Consonte o Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública por un prazo de vinte días hábiles para que todas as persoas que se encontren afectadas poidan formular por escrito as reclamacións que consideren pertinentes. O correspondente expediente LAP/190/2012 pode consultarse no Negociado de Aperturas deste concello.

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2013

P.D. (Xunta de Goberno da cidade de Santiago de Compostela do 28.2.2013)
María Pardo Valdés
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sostible