Autos Buenos Aires Galicia, S.L., representada por Juan Carlos Porto Serantes, solicitou licenza de apertura para o desenvolvemento da actividade de taller de reparación de vehículos (rama mecánica, electricidade e chapa) na estrada de Redondela-Peinador, 73-75, Millarada-Vilar de Infesta-Redondela. De conformidade co disposto no número 3 do artigo 8 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días (20) hábiles, contados desde o seguinte ao da inserción deste anuncio no último xornal oficial en que se publique (Diario Oficial de Galicia ou Boletín Oficial da provincia).
Redondela, 12 de setembro de 2013
Javier Bas Corugeira
Alcalde

