Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40336

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2013 pola que se corrixe o erro detectado na Resolución do 16 de setembro de 2013, pola que se fai pública a relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de técnico especialista de laboratorio, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 16 de xaneiro de 2012.

Unha vez advertido erro na relación definitiva de persoas aprobadas nas probas selectivas para a provisión de prazas de técnico especialista de laboratorio, vacantes na relación de postos de traballo de persoal laboral, publicada pola Resolución do 16 de setembro de 2012 (DOG do 27 de setembro), esta xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos Estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada por Resolución reitoral do 16 de xaneiro de 2012, e segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica e publica o dito erro do xeito que se indica:

Onde di:

7

34897686O

Blanco Fernández, María Montserrat

91,75

Debe dicir:

7

34897686Q

Blanco Fernández, María Montserrat

91,75

A Coruña, 1 de outubro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña