Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40337

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (recurso de suplicación 2745/2011-MRA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2745/2011-MRA.

Xulgado de orixe/autos: Demanda 523/2008. Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Recorrente: María Carmen Rodríguez Requena.

Avogado: José Páramo Sureda.

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., Isidro de la Cal-Fresco, S.L., Asepeyo, Mutua de AT e EP da Seguridade Social número 151.

Avogados: letrado Seguridade Social, letrado Seguridade Social, Noelia María Martínez Vieito, Javier Balo Couto.

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2745/2011 desta sección, seguido por instancia de María Carmen Rodríguez Requena contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Servizo Galego de Saúde, Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., Isidro de la Cal-Fresco, S.L., Asepeyo, Mutua de AT e EP da Seguridade Social número 151, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Desestimamos o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de María del Carmen Rodríguez Requena contra a Sentenza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, do 1 de marzo de 2011, en autos nº 523/2008, que confirmamos.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia-Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para interpor recurso, na conta de consignacións desta sala, aberta en Banesto co nº 1552. Deberá indicar no campo concepto, “Recurso” seguida do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectúa diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que en diante se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ábside Recursos Humanos ETT, S.A., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial