Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40339

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (453/2011).

Sandra Pérez López, secretaria xudicial, por substitución, do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente, anuncio:

No presente procedemento de xuízo ordinario nº 453/2011 seguido por instancia da Consellería de Facenda fronte a Xiaouxiu Xiang e Lili Zhang ditouse sentenza, cuxo encabezamento e decisión é do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 128/2012.

En Pontevedra, 28 de setembro de 2012.

Vistos por Ignacio de Frías Conde, maxistrado xuíz do Xulgado de Primera Instancia número 2 de Pontevedra, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 453/2011, promovidos pola Consellería de Facenda-Xunta de Galicia, representada e defendida polo letrado da Xunta Manuel T. Fortes Carballeira, contra Lili Zhang, que permaneceu en situación de rebeldía procesual, e contra Xiaouxiu Xiang, representada pola procuradora dos tribunais Lourdes Martínez Cabrera e asistida pola letrada Teresa Lorenzo Tarrío, sobre reclamación de cantidade por non pagamento de rendas e cantidades debidas pola ocupación indebida dun inmoble.

Decido:

Que estimo parcialmente a demanda formulada pola Consellería de Facenda-Xunta de Galicia contra Lili Zhang e Xiaouxiu Xiang e condeno a estas últimas solidariamente a aboar á Consellería de Facenda-Xunta de Galicia a cantidade de 82.528,24 euros, máis os xuros legais desde o 24 de maio de 2011 ata a data desta resolución, e desde esta os xuros do artigo 576 da LEC.

Cada parte aboará as custas causadas á súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que contra esta resolución cabe formular ante este xulgado recurso de apelación, que debe interpoñerse no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución...».

E encontrándose a demandada, Lili Zhang, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Pontevedra, 27 de novembro de 2012

A secretaria xudicial