Sarai Paniagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, polo presente, anuncio:
No presente procedemento seguido por instancia de Florentina Dumitrache sendo esta beneficiaria de asistencia xurídica gratuíta, fronte a Daniel Dumitrache ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:
«Sentenza nº 305.
En Vigo, nove de maio de dous mil trece.
María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primera Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo número 238/2013 sobre disolución por matrimonio por divorcio, actuando como demandante Florentina Dumitrache, representada pola procuradora dos tribunais Marta Miller Gamero e con asistencia letrada de María Jesús Martínez Borjas, contra Daniel Dumitrache declarado en situación de rebeldía procesual, e no que interveu o ministerio fiscal, sobre a base dos seguintes:
(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).
Decido:
Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Miller Gamero, en nome e representación de Florentina Dumitrache, contra Daniel Dumitrache, declarado en situación de rebeldía procesual, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración, realizando os seguintes pronunciamentos:
Primeiro. Os fillos do matrimonio quedarán baixo a garda e custodia da Sra. Dumitrache, sen prexuízo da patria potestade compartida por ambos os dous proxenitores, podendo relacionarse o pai cos seus fillos nos termos establecidos no fundamento de dereito cuarto da presente resolución.
Segundo. O Sr. Dumitrache aboará en concepto de alimentos para os seus fillos a cantidade de 150 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes e na conta que para o efecto designe a nai. A devandita cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos ao consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.
Ambos os dous proxenitores satisfarán por metade os gastos extraordinarios dos menores, entre os que se encontran os médicos e farmacéuticos non cubertos pola Seguridade Social, non tendo esa consideración as matrículas, libros e material escolar, uniformes, comedor, transporte escolar e actividades extraescolares.
Non ten lugar a facer especial pronunciamento sobre as custas.
Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, deixándose constancia de tal circunstancia nos autos.
Así, por esta a miña sentenza da que se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».
E encontrándose o devandito demandado, Daniel Dumitrache, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a este.
Vigo, 23 de setembro de 2013

