Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Xoves, 10 de outubro de 2013 Páx. 40343

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (712/2011).

No procedemento 712/2011 ditouse a resolución cuxo ditame é do teor literal seguinte:

«Decisión.

Que estimando a demanda interposta pola representación de Alejandro Biayna Cuenca contra Sonia Aide Arevalos Medina, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio o matrimonio ata a data existente entre os expresados cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non procede facer pronunciamento en materia de custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e ao Ministerio Fiscal facéndolles saber que contra ela cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días, desde o seguinte ao da súa notificación, e que se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Unha vez firme que esta resolución procédase á súa inscrición mediante os oportunos despachos no rexistro civil correspondente.

Así, por esta miña sentenza, da que se levará testemuño aos autos da súa razón, acórdoo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Sonia Aide Arevalos Medina, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 31 de xullo de 2013

O/A secretario/a xudicial