Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 11 de outubro de 2013 Páx. 40455

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4124/2010).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 4124/2010 CRS.

Xulgado de orixe/autos: demanda 894/2009 Xulgado do Social número 3 de Lugo.

Recorrente: Ismael Azouz.

Avogado: Xermán Vázquez Díaz.

Procuradora: CIG.

Graduado/a social:

Recorridos: Acerías As Pontes, S.L., Organismo Autónomo Trabajo Penitenciario y Formación Emplezo (Minist. Interior).

Avogado: avogado do Estado.

Procurador/a:

Graduado/a social:

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4124/2010 desta sección, seguido por instancia de Ismael Azouz contra a empresa sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo demandante Ismael Azouz, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Lugo, nos presentes autos tramitados por instancia do recorrente fronte aos demandados Acerías As Pontes, S.L. e Administración do Estado (Ministerio do Interior, Traballos e Prestacións Penitenciarias), debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra esta, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no Banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Acerías As Pontes, S.L., con último domicilio coñecido no Paseo de Ronda 41-2º, 15080 A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de setembro de 2013

A secretaria xudicial