A secretaria xudicial deste xulgado acorda a publicación do seguinte edicto:
No Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Caldas de Reis ditouse dilixencia de ordenación, con data do 23 de maio de 2013, na cal se acorda notificar mediante edicto a sentenza do 21 de maio de 2013, recaída no procedemento ordinario 376/2012, ao demandado en rebeldía Alicio Dias.
Contra a dita sentenza, cuxo coñecemento íntegro pode ter o interesado neste xulgado, cabe recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación, logo de constitución de depósito de 50 euros na conta deste xulgado.
Co fin de que lle sirva de notificación en forma ao demandado, Alicio Dias, expido e asino este edicto.
Caldas de Reis, 23 de setembro de 2013
A secretaria xudicial

