Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 15 de outubro de 2013 Páx. 40847

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 27 de agosto de 2013, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se procede á notificación da resolución de cancelación no Rexistro EMAS da entidade Eurocontrol y Accesos, S.L.

1. Con data do 21 de xaneiro de 2008 procédese á inscrición do centro da entidade Eurocontrol y Accesos, S.L., con CIF: B36917713, sito na r/ Conde de Torrecedeira, 75, baixo, 36202 Vigo (Pontevedra), no Rexistro galego de centros adheridos ao sistema de xestión e auditoría ambiental co número ES-GA-000148.

2. Na citada declaración ambiental facíase constar que esta tiña validez dun ano desde o día da súa validación. Unha vez rematado o prazo para a presentación da seguinte declaración ambiental validada, non se recibiu, por parte de Eurocontrol y Accesos, S.L., ningún tipo de comunicación desde a inscrición no rexistro.

3. Con data do 4 de febreiro de 2011 envióuselle unha comunicación á empresa na cal se informaba de que, de non recibir ningún tipo de documentación ou comunicación relativa ao mantemento no rexistro no prazo de tres meses, se procedería a dalos de baixa no Rexistro EMAS.

5. Tras varios intentos infrutuosos de comunicación coa empresa, acórdase dar un trámite de audiencia á entidade mercantil Eurocontrol y Accesos, S.L., concedéndolle un prazo de quince días contados desde a notificación do citado escrito para formular alegacións e achegar os documentos e xustificacións que considere convenientes, ao abeiro do disposto no artigo 14.5 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño. Así mesmo, procedeuse a darlle publicidade ao citado acordo de trámite de audiencia a través do taboleiro do Concello de Vigo e do Diario Oficial de Galicia, coa mención expresa dos requisitos exixidos polo artigo 58.2º da Lei 30/1992, na súa redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Fundamentos xurídicos:

1º Esta resolución correspóndelle á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, segundo os artigos 12 ao 14 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 44/2012, do 19 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

2º O artigo 14.1º do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación na Comunidade Autónoma galega dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), dispón que: «1. Unha vez inscrito o centro no rexistro, se este non presentase a seguinte declaración ambiental validada no prazo fixado pola propia empresa na súa solicitude, que en ningún caso será superior a tres anos, e non pagase a taxa de rexistro, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental cancelará a inscrición do centro no rexistro e informará de tal medida a dirección do centro».

3º O número 5 do citado precepto establece que: «5. A Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, antes de ordenar a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro, dará trámite de audiencia ao interesado, concedéndolle un prazo de quince días para que presente as alegacións, documentos e xustificacións que considere oportunos. A resolución que acorde a suspensión ou cancelación da inscrición dun centro do rexistro será motivada e notificaráselle á dirección do centro e ao Rexistro de Establecementos Industriais».

Dado que non se obtivo resposta por parte do interesado a todos e cada un dos requirimentos realizados, e vistos os preceptos sinalados e demais de xeral e pertinente aplicación, esta Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, en virtude da competencia que lle outorga o Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental, e segundo o Decreto 44/2012, do 4 de xaneiro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas,

RESOLVE:

Cancelar, de conformidade co disposto no artigo 14.1 do Decreto 185/1999, do 17 de xuño, polo que se establece o procedemento para a aplicación, na Comunidade Autónoma galega, dun sistema voluntario de xestión e auditoría ambiental (EMAS), a inscrición do centro da entidade mercantil Eurocontrol y Accesos, S.L. en r/ Conde de Torrecedeira, 75, Vigo.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 27 de agosto de 2013

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental