Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 199 Xoves, 17 de outubro de 2013 Páx. 41249

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 9 de outubro de 2013, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo PO181/2013-A interposto por Roberto Álvarez González.

Nesta xefatura territorial recibiuse escrito do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense en relación co recurso contencioso-administrativo PO181/2013-A, interposto por Roberto Álvarez González contra a Resolución do 22 de abril de 2013, da Consellería do Medio Rural e do Mar, que desestima o recurso de alzada relativo ao expediente sancionador MON-OU-012/2012-ONA.

En consecuencia, esta xefatura territorial acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazados para que poidan comparecer como parte nos autos seguidos no Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense no prazo de nove (9) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 9 de outubro de 2013

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense