O artigo 11 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e de boas prácticas na Administración pública galega (DOG núm. 136, do 14 de xullo), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013, que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 9 de outubro de 2013
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria
ANEXO
Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Economía e Industria nos meses de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2013
Convenio |
Data de sinatura |
Importe |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Instituto Feiral da Coruña para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Expocoruña da cidade da Coruña. |
27.5.2013 |
15.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación Instituto Feiral de Vigo para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral Instituto Feiral da cidade de Vigo. |
27.5.2013 |
26.400,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Fundación de Feiras e Exposicións de Ourense para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da Finca Sevilla da cidade de Ourense. |
27.5.2013 |
67.900,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e as cámaras oficiais de comercio, industria e navegación galegas para o fomento das exportacións galegas, Foexga 2013, cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. |
17.6.2013 |
1.200.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o mantemento do censo catastral mineiro. |
3.7.2013 |
40.000,00 |
Addenda ao convenio entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Ourense polo que autoriza á Deputación Provincial de Ourense o uso de instalacións de carácter deportivo existentes no Parque Tecnolóxico de Galicia. |
20.6.2013 |
00,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade El Faro de Vigo, S.A., editora do xornal El Faro de Vigo, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería. |
25.6.2013 |
150.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade Editorial Compostela, S.A., editora do xornal El Correo Gallego, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería. |
25.6.2013 |
100.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Región, S.A., editora do xornal La Región, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería. |
25.6.2013 |
100.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a a entidade El Progreso de Lugo, S.A., editora do xornal El Progreso, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería. |
25.6.2013 |
100.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a entidade La Voz de Galicia, S.A., editora do xornal La Voz de Galicia, para a difusión neste medio de contidos de interese para a sociedade galega sobre actuacións relacionadas co ámbito competencial da consellería. |
25.6.2013 |
150.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago de Compostela para o desenvolvemento da XXII edición do Programa de Formación en Internacionalización de Empresas e Comercio Exterior. |
29.7.2013 |
75.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Federación Galega de Comercio para a realización de diversas actuacións de fomento do comercio retallista: emprendemento, dinamización e comercio electrónico. |
5.8.2013 |
450.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Cámara Oficial Mineira de Galicia para o desenvolvemento de actuacións de interese xeral para o sector mineiro de Galicia. |
3.6.2013 |
42.501,00 |
Acordo marco que subscribirán a Cosellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Pequeños y Medianos Astilleros, Sociedad de Reconversión, S.A. (Pymar), para regular a dotación inicial destas no Fondo de Garantías Navais e convenio de adhesión e achega que subscribirán a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia, o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) e Pymaval Garantías, S.A.U. |
26.6.2013 |
24.626.622,35 |
Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello da Estrada para a remodelación do mercado municipal. |
6.8.2013 |
500.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Fundación de Exposicións e Congresos da Estrada para financiamento de gastos relativos á celebración de actividades de promoción no recinto feiral da localidade da Estrada. |
27.5.2013 |
45.300,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a Asociación Clúster do Naval Galego (Aclunaga) para o desenvolvemento dun catálogo dixital da capacidade da industria naval galega. |
27.5.2013 |
60.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Asociación Gallega de Organismos de Control Autorizados para a realización dun plan de inspección en materia de seguridade industrial en 2013. |
26.8.2013 |
84.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e o Concello de Ortigueira para a execución do proxecto de habilitación dunha aula municipal para a impartición de cursos de formación en materia de seguridade e saúde no ámbito da minaría. |
27.5.2013 |
82.161,97 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e Alcoa Inespal, S.A. para melloras ambientais e de eficiencia enerxética, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. |
26.9.2013 |
265.000,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e a entidade colaboradora LGAI Tecnological Center, S.A. para a xestión das axudas convocadas pola Orde do 21 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas en réxime de concorrencia non competitiva para o fomento e implantación da metroloxía legal nos abastos públicos da Comunidade Autónoma galega, a través de entidade colaboradora, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (IN655I). |
3.6.2013 |
00,00 |
Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e o Consello Galego de Cámaras para financiamento de gastos correntes |
7.8.2013 |
10.000,00 |