Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 22 de outubro de 2013 Páx. 41641

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 8 de outubro de 2013 pola que se autoriza o cambio de denominación do Instituto de Educación Secundaria de Ribadavia.

De conformidade co previsto no artigo 3.1 e 2 do Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, aprobado polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto), por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos

DispOÑO:

Autorizar o cambio de denominación específica do seguinte centro:

Provincia: Ourense.

Concello: Ribadavia.

Código: 32015475.

Denominación actual: Instituto de Educación Secundaria de Ribadavia.

Nova denominación: Instituto de Educación Secundaria O Ribeiro.

Santiago de Compostela, 8 de outubro de 2013

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria