Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber:
Sentenza 216/2013.
Santiago de Compostela, 27 de setembro de 2013.
Vistos por Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, estes autos de xuízo nº 509/2013, seguidos por instancia de María del Carmen García Couselo, asistida pola letrada Ana Belén Sabel Iglesias, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., que non comparece malia estar debidamente citada, e o Fondo de Garantía Salarial (en diante Fogasa), sobre despedimento por causas obxectivas.
Resolvo:
1º. Que estimo a demanda sobre despedimento interposta por María del Carmen García Couselo, asistida pola letrada Ana Belén Sabel Iglesias, contra a entidade Excavaciones Migasa, S.A., que non comparece malia estar debidamente citada, e o Fondo de Garantía Salarial (en diante Fogasa), sobre despedimento por causas obxectivas e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa indicada á extinción da relación laboral na data desta sentenza, con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución (por non ser posible a readmisión por cesamento na actividade da empresa, que está dada de baixa).
2º. A indemnización, segundo o disposto no número anterior, sería de 29.8920,37 euros.
3º. Non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do Estatuto dos traballadores.
Notifíquese ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.
A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.
Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.
Publicación. A anterior sentenza pronunciouna, leuna e publicouna a mesma xuíza que a subscribe. Dou fe.
E para que sirva de notificación á demandada Excavaciones Migasa, S.A., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.
Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 3 de outubro de 2013
A secretaria xudicial